máquina?

Transferencia do coñecemento

Poñemos ao servizo da sociedade todo o noso potencial científico e tecnolóxico, equipos, infraestruturas e todos os nosos recursos de I+D

A Oficina de I+D ten como misión levar a cabo labores de transferencia das capacidades e resultados de I+D+i á contorna socioeconómica, destinados ao persoal docente e investigador (PDI), empresas e outras entidades externas.

Servizos prestados

  • Promover e actualizar a oferta das capacidades e resultados de I+D+i e servizos
  • Organizar, realizar e participar en representación da Universidade de Vigo nas actividades de difusión e promoción de I+D+i que fomenten a transferencia de oferta de I+D+i e dos resultados
  • Orientar ao persoal investigador en contratos e proxectos colaborativos de I+D
  • Aconsellar e apoiar ao PDI na protección e valorización de resultados de I+D
  • Asesorar e apoiar na explotación dos resultados de I+D, tanto a través de licenzas como de empresas baseadas no coñecemento (SpinOff)
  • Orientar na elaboración de plans de promoción e explotación dos grupos de investigación que así o soliciten
  • Apoiar os acordos que acompañen o labor de transferencia (acordos de confidencialidade, acordos de transferencia de material etc.)
 

Carta de servizos da Oficina de I+D

Directorio da Oficina de I+D

 

Oficina de I+D
Edificio Filomena Dato - 1º andar
Campus Universitario de Vigo s/n
otri@uvigo.es
+34 986 812 236