Un grupo de estudantes atenden a un profesor nunha visita aos centros da Universidade

Que estudar

Somos unha universidade nova e dinámica, que cambia contigo

A oferta formativa da Universidade de Vigo é ampla. Novos graos, mestrados e programas de doutoramento para cubrir as demandas da sociedade e do mercado laboral. Novas metodoloxías docentes: plataformas virtuais de teledocencia, videoconferencias...

No menú desta sección poderás acceder á información sobre os estudos de grao, mestrado, doutoramento e a formación permanente

Tanto nos graos coma nos mestrados, impártense materias en inglés. Consulta de seguido as do curso 2024/2025:

Materias impartidas en inglés

Para facilitar a busca de materias de grao e máster impartidas na Universidade de Vigo, poñemos á vosa disposición unha guía académica que permite consultar a oferta de materias por curso, cuadrimestre, idioma e facultade ou escola.

Guía académica
 

Ademais, encontrarás información sobre cursos de linguas e formación permanenente e todos os procedementos e indicacións para saber como acceder a cada un deles.

 

Se te achegas á universidade por primeira vez e dubidas sobre que titulación escoller, pode que atopes útil a consulta do apartado de orientación académica ou todos estes vídeos sobre as nosas escolas e facultades. Dálle ao play!

Vídeos dos centros da Universidade de Vigo