Vicerreitoría de Internacionalización
Maribel del Pozo Triviño, vicerreitora
Maribel del Pozo Triviño é licenciada en Filoloxía Hispánica pola National University of Ireland (homologado polo MEC) e licenciada e doutora en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. É tradutora-intérprete xurada cunha longa traxectoria profesional no ensino de linguas e na tradución e interpretación. É profesora titular da Universidade de Vigo na Facultade de Filoloxía e Tradución onde foi vicedecana de Relacións Internacionais (2015-2020) e enlace de Igualdade (2015-2022).
Imparte docencia de grao e de posgrao, tanto en España como no estranxeiro (UAB, UAH, UJI, UPC, UGhent etc.). Dirixe o Grupo de Innovación Docente «LINKTERPRETING. Enseñar desde os dereitos humanos» e é a coordinadora do portal LINKTERPRETING. Dirixe varias teses de doutoramento e numerosos TFG e TFM, tanto na Univesidade de Vigo como noutras universidades españolas e estranxeiras.
Ten dous sexenios de investigación e un de transferencia e conta con numerosas publicacións sobre tradución xurídica, interpretación nos servizos públicos, igualdade e violencia de xénero.
Dirixiu varios proxectos, tanto europeos (SOS-VICS) como de cooperación ao desenvolvemento (MELINCO) e, na actualidade, é representante da Universidade de Vigo e membro da Xunta Directiva da Asociación de Universidades del Estado Español con Titulaciones Oficiales en Traducción e Interpretación (AUnETI) e asesora do Ministerio de Xustiza, ademais de colaborar con diversas entidades sociais para mellorar a comunicación con persoas con barreiras lingüísticas e culturais.
Organización
Patricia González Piñeiro
Secretaría
+34 986 813 587
internacional@uvigo.gal
Competencias
- O fomento e o deseño das estratexias e políticas para as relacións internacionais e a cooperación internacional.
- A representación institucional en foros e en eventos internacionais.
- A sinatura de acordos, convenios e protocolos relacionados coa actividade internacional da Universidade de Vigo, cando así sexa considerado oportuno polo reitor.
- O deseño, planificación e xestión dos programas internacionais de mobilidade e intercambio.
- A proposta, formalización e contratación de redes e proxectos internacionais de difusión científica, en coordinación coa Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación.
- A proposta, formalización e contratación de redes e proxectos internacionais de cooperación.
- As tarefas relacionadas coa participación na Universidade Europea ATHENA.
- A posta en marcha de iniciativas relativas ás competencias lingüísticas do estudantado, agás as relativas á lingua galega.
- As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 587
internacional@uvigo.gal