Normativa e documentación
Atopa aquí a normativa e a documentación sobre os procedementos para a realización, seguimento e acreditación de prácticas académicas para estudantes.
Normativa xeral
Normativa da Universidade de Vigo
- Regulamento de prácticas académicas externas do estudantado da Universidade de Vigo
- Procedemento de solicitude de extensión do período de realización das prácticas académicas externas do curso 2019/2020 dos títulos de grao e mestrado
Instrucións sobre o procedemento para a realización das prácticas académicas externas:
Modelos e documentos para a formalización de convenios e acordos internos
A Universidade de Vigo utilizará o seu propio modelo de convenio de cooperación educativa aprobado en Consello de Goberno. Só se asinará un convenio por empresa que cubrirá as prácticas curriculares e extracurriculares, ofertadas en calquera dos centros da Universidade de Vigo tanto para ensinos de grao como de máster ou para ambos, así como para plans anteriores a Bolonia.
Para a formalización do convenio deberá achegarse á Área de Emprego e Emprendemento o seguinte documento:
Para a realización de prácticas en servizos e dependencias da propia Universidade de Vigo, o convenio substituirase por un acordo escrito interno, asinado pola persoa responsable do servizo ou dependencia en que se realizan as prácticas e a persoa responsable académica do centro de que depende a titulación. O citado acordo deberá ter o visto e prace da Xerencia ou da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado e irá acompañado do compromiso de confidencialidade e deber de segredo.
Documentación para a formalización de prácticas académicas externas
Documentación acorde coa normativa en vigor (aprobada polo Consello de Goberno o 24 de maio de 2012)
Formalización
O seguinte formulario deberá asinarse por triplicado. Unha copia lle corresponderá ao estudante, outra ao titor da empresa e outra ao centro.
Seguimento
Acreditación
Modificación da modalidade ou suspensión das prácticas externas debido á covid-19
Reincorporación ás prácticas externas
Documentación acorde coa nova normativa (aprobada polo Consello de Goberno o 29 de abril de 2021)
Esta documentación estará en periodo transitorio ata a entrada en vigor do novo regulamento de prácticas académicas externas. Isto supón que, para a xestión das prácticas, se pode optar pola documentación recollida no apartado anterior ou pola que se axusta ao novo regulamento.
- Anexo I: condicións da práctica académica externa
- Anexo II: declaración responsable da entidade colaboradora
- Anexo III: compromiso do/a estudantado
- Anexo IV: informe do titor/a da empresa ou da entidade
- Anexo V: informe do titor/a académico
- Anexo VI: informe do/a estudante
- Anexo VI: solicitude de modificación das condicións das prácticas externas
- Anexo VIII: solicitude de rescisión/interrupción das prácticas externas
- Anexo X: certificado de realización das prácticas externas
Máis información:
Área de Emprego e Emprendemento
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 814 036
areaemprego@uvigo.gal