Conéctate nos campus

Na Universidade de Vigo temos implantada unha rede sen fíos que se estende a todos os centros de todos os campus. A rede foi deseñada para que funcione cos sistemas operativos máis usados.

A rede está preparada para o estándar 802.11b (11 Mbps), 802.11g (54 Mbps), 802.11N e 802.11ac, polo que funcionarán todos os tipos de tarxetas.

 

Tres redes wifi dispoñibles

  • Alumnos
  • Persoal
  • Eduroam

Para conectarse a Alumnos e Persoal só hai que conectarse a rede e abrir un navegador. Conectaremos introducindo os nosos datos de correo de UVigo.

Cómpre subliñar que as redes sen fíos Alumnos e Personal da Universidade de Vigo non están encriptadas, isto é, as conexións van en claro polo aire, polo que un usuario ou usuaria avantaxado podería chegar a ver as comunicacións. Avisamos sobre isto para que as usuarias e os usuarios utilicen a rede sen fíos de xeito coidadoso.

 

Rede recomendada: Eduroam

Se queremos usar unha conexión segura e dispoñible en moitos centros do mundo, temos unha rede segura denominada Eduroam, que poden utilizala tanto usuarias e usuarios internos da Universidade de Vigo que desexen conectarse de forma segura, como usuarios e usuarias doutras institucións afiliadas ao proxecto Eduroam.

O obxectivo do Proxecto Eduroam é ter conectividade e mobilidade entre as distintas redes sen fíos de investigación mundiais. Desta forma, un usuario doutra universidade adscrita a este proxecto podería conectarse desde a nosa universidade co seu identificador e clave, e un usuario interno da Universidade de Vigo podería conectarse desde calquera das redes incluídas en Eduroam.

Pódese atopar máis información sobre este proxecto aquí. A cobertura da rede wifi Eduroam na Universidade de Vigo é a mesma que as redes wifi internas e esténdese a todos os centros dos tres campus. Esta rede tamén poden utilizala usuarios da Universidade de Vigo que queiran conectarse de forma segura á rede universitaria.

 

Para conectarse a Eduroam

Para conectarnos dende a Universidade de Vigo o máis sinxelo e utilizar a plataforma EDUROAM-CAT para instalar o soporte lóxico. Para iso temos que:

  1. Acceder á web http://cat.eduroam.org
  2. Seleccionar como institución a Universidade de Vigo e descargar o soporte lóxico para o noso sistema operativo.
  3. Introducir o noso usuario e contrasinal e xa o temos listo.