Cátedras
As cátedras son unha forma de establecer unha colaboración estratéxica, ampla, cualificada e estable coa contorna empresarial, coas fundacións e entidades que, máis alá do económico, permita acadar mediante estratexias a docencia, a formación e a investigación planificadas conxuntamente, froitos que redunden directamente no beneficio de ambas as partes.
Deste xeito, dáse forma a un modelo de colaboración especialmente interesante para o futuro das entidades participantes. Neste modelo, a empresa ou entidade comprométese a unha achega económica anual equivalente á retribución dun catedrático/a de universidade e a cátedra pode levar unha denominación de acordo cos seus fins. As actividades que se poden incluír no marco da cátedra son plurais e van desde a formación e intercambio de persoal e de experiencias ata a realización de proxectos de I+D.
Para o mellor funcionamento da cátedra, créase unha comisión de seguimento, integrada por representantes de ambas as dúas entidades, que se encarga de seleccionar as actividades, facer o seu seguimento e resolver calquera necesidade.
Coñece as cátedras da UVigo
Afaga-Atendo de Idadismo
- Denominación
Cátedra Afaga-Atendo de Idadismo - Entidades
Asociación de Familiares Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia (Afaga Alzheimer), Atendo - Ano de constitución
2022 - Dirección
Ana Belén Fernández Souto - Web
Aldaba WIB: Women, ICT & Business
- Denominación
Cátedra Aldaba WIB: Women, ICT & Business - Entidades
Aldaba Servicios Profesionales SL e Universidade da Coruña - Ano de constitución
2019 - Web
Almirante Álvarez-Ossorio
- Denominación
Cátedra Almirante Álvarez-Ossorio - Entidade
Escola Naval de Marín - Ano de constitución:
2003 - Dirección
Eva Lantarón Caeiro - Web
Ardán
- Empresa
Consorcio Zona Franca Vigo - Ano constitución
2018 - Dirección
Reitor ou reitora da Universidade de Vigo, ou persoa en quen delegue - Web
Bo goberno local
- Entidade
Consellería de Vicepresidencia Primeira - Ano de constitución
2024
CIRCOM
- Denominación
Cátedra CIRCOM: asociación de televisións públicas rexionais - Ano de constitución
2023 - Dirección
José Rúas Araújo - Web
Coren
- Denominación
Cátedra Coren - Ano de constitución
2021 - Dirección
Elena Rivo López
Feminismos 4.0 DePO-UVigo
- Denominación
Cátedra de feminismos 4.0 DePO-UVigo - Entidade
Deputación de Pontevedra - Ano de constitución
2024 - Web
Finanzas autonómicas
- Denominación
Cátedra institucional en finanzas autonómicas - Entidade
Consellería de Facenda e Administración Pública - Ano de constitución
2021
Grupo Oesía
- Denominación
Cátedra Oesía - Empresa
Grupo Oesía - Ano de constitución
2024 - Dirección
Ana Vázquez Alejos e Óscar Rubiños López - Obxectivos
A cátedra Oesía responde ao interese de ambas as entidades por colaborar en actividades docentes e de investigación no eido das telecomunicacións e, especialmente, no estudo da radiofrecuencia aplicada. Dentro deste ámbito, a cátedra buscará tratar aspectos clave como os sistemas de antenas, o deseño e a simulación electromagnética destes sistemas, a súa calibración e medición, así como a aplicación de ferramentas transversais dadas pola intelixencia artificial, con posibilidades de ampliación cara ás áreas como a simulación electromagnética, os sistemas QKD ou as redes 5/6 G.
Indra
- Data de constitución
1 de febreiro de 2023 - Empresa
Indra Sistemas, SA - Dirección
Rebeca P. Díaz Redondo, catedrática de universidade e directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación - Comisión de seguimento:
- Manuel Fernández Iglesias, coordinador do Mestrado en enxeñaría telemática, Universidade de Vigo
- Laura Docío Fernández, subdirectora de Captación e Difusión da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Universidade de Vigo
- Iñigo Cuiñas Gómez, coordinador do Plan de acción titorial da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Universidade de Vigo
- Ruth del Carmen Escarda Iglesias, INDRA
- Manuel Ángel Otero Chantada, INDRA
- Jesús Manuel Costa Pazo, INDRA
- Javier Piñeiro Rodríguez, INDRA
- Obxectivos e actividades:
- Colaboración e apoio no Plan de difusión e captación da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación para a realización de actividades de divulgación científica e tecnolóxica que redunden na visibilidade, a difusión, o coñecemento e a práctica dos estudos que se imparten na Escola, e con iso, fomentar as vocacións científicas e tecnolóxicas entre o alumnado máis novo.
- A creación dun programa de captación de talento, que teña por finalidade a formación de excelencia de alumnado da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.
- O impulso de actividades que permitan a difusión da actividade docente e investigadora do persoal docente e investigador da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.
- A colaboración en actividades transversais á docencia, especialmente no ámbito do Plan de acción titorial (orientaTE e mentoría MEET-Teleco).
- Promover a posta en marcha de actividades formativas que teñan por obxecto a capacitación, especialización e actualización de competencias de membros da comunidade universitaria atendendo as necesidades competitivas da empresa.
- Organizar xornadas, conferencias, seminarios ou foros, nos ámbitos de estudos propios da cátedra.
- Promoción en eventos científicos e tecnolóxicos relacionados con temas de interese no ámbito da cátedra.
- Realización conxunta de proxectos e programas de investigación científica, desenvolvemento e innovación tecnolóxica.
- Divulgación das actividades da cátedra.
- Web
- Contacto:
Incibe
- Denominación
Cátedra de ciberseguridade - Entidade
Instituto Nacional de Ciberseguridade - Ano de constitución
2024
Jean Monnet
- Denominación
Cátedra Jean Monnet. Institucións e cidadanía europea: adaptar a Unión Europea aos retos da dixitalización (EICAEUD) - Entidade
Educational, Audiovisual and Culture Executive Agency (European Commission). - Ano de constitución
2014 - Dirección
Celso Cancela Outeda - Web
Navantia-Monodon
- Denominación
Cátedra Navantia-Monodon - Empresa
Navantia, SA - Ano de constitución
2023
R en Ciberseguridade
- Denominación
Cátedra R en Ciberseguridade - Entidades
R Cable y Telecomunicaciones Galicia, SAU e Universidade da Coruña - Ano de constitución
2018 - Dirección
Ana Fernández Vilas, en delegación do reitor da UVigo e coordinadora do Mestrado interuniversitario (UVigo-UDC) en ciberseguridade. - Comisión de seguimento:
- Rebeca P. Díaz Redondo, coordinadora do Grao en Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo (teleco.uvigo.es).
- Carlos Dafonte, en delegación do reitor da UDC e coordinador do mestrado na Universidade da Coruña (fic.udc.es).
- Francisco Javier Nóvoa de Manuel, representante do PDI da Universidade da Coruña (fic.uddc.es).
- ldola Uriarte, responsable de Seguridade da Información do Grupo Euskaltel (euskaltel.com).
- Susana Rey, delegada en Protección de Datos do Grupo Euskaltel (esukaltel.com).
- Dotación
10 000 euros da UVigo e 10 000 euros da UDC. - Obxectivos
A Cátedra R en Ciberseguridade nace co fin de promover o desenvolvemento das competencias profesionais do alumnado universitario, mellorar a capacitación, ampliar ou actualizar os coñecementos, técnicas ou habilidades da comunidade universitaria ou doutras persoas profesionais co obxectivo de adaptalas ás necesidades da empresa, fomentar a súa formación continua, a innovación e a investigación na área da ciberseguridade. - Liñas estratéxica
Ao abeiro deste obxectivo xenérico, as liñas estratéxicas de actuación da Cátedra R en Ciberseguridade son:- A colaboración na docencia e na investigación, especialmente no Mestrado lnteruniversitario (UVigo-UDC) en Ciberseguridade (munics.es).
- A creación dun programa de captación de talento, que teña por finalidade a consecución da excelencia académica nas universidades de Vigo e da Coruña.
- O impulso de actividades que permitan crear espazos de debate e difusión da actividade docente e investigadora do ámbito da ciberseguridade.
- A promoción de actuacións que estimulen a capacitación, especialización e actualización das competencias da comunidade universitaria e profesionais alleos á mesma, atendendo ás necesidades competitivas da empresa.
- Actividades
Máis concretamente, establécense as seguintes actividades como prioritarias:- Actividades de formación e divulgación:
- Colaboración en mestrados e outros estudos de posgrao, tanto oficiais como propios.
- Patrocinio de bolsas predoutorais e posdoutorais; premios a traballos de fin de grao ou mestrado e concursos de ideas.
- Conferencias, seminarios, obradoiros e visitas a empresas; promoción de prácticas curriculares e extracurriculares.
- Colaboración en plans de formación para empresas ou institucións; colaboración no deseño e impartición de Programas de Formación Permanente.
- Formación para a creación de empresas de base tecnolóxica ou para a explotación de resultados de investigación.
- Realización de xornadas de divulgación científica, tecnolóxica e da cultura da ciberseguridade na sociedade; promoción en acontecementos científicos, técnicos e de concienciación da sociedade; organización de exposicións e promoción da cultura de ciberseguridade na sociedade.
- Publicacións sobre temas de interese no ámbito da cátedra.
- Divulgación das actividades da cátedra.
- Actividades de transferencia e de investigación:
- Desenvolvemento de liñas de investigación conxunta; realización traballos de investigación.
- Promoción da contratación de grupos das universidades da Coruña e de Vigo para desenvolver accións de innovación ou consultoría especializada na empresa.
- Cooperación para lograr proxectos de investigación en programas de concorrencia competitiva no ámbito galego, español e europeo.
- Promoción de encontros e redes nacionais e internacionais de expertos nas áreas de interese da cátedra.
- Apoio á realización de teses de doutoramento, traballos de fin de mestrado e traballos de fin de grao de perfil I+D+i.
- Actividades de formación e divulgación:
- Web
Ribera Povisa
- Denominación
Cátedra Ribera Povisa en innovación e saúde - Empresa
Ribera Povisa - Ano de constitución
2024 - Dirección
Vicente Romo Pérez, profesor da Universidade de Vigo - Secretaría
Manuel Torres Vizcaya, director da EUE Ribera Povisa - Obxectivos
O acordo de colaboración entre o grupo sanitario Ribera e a Universidade de Vigo establece a creación da Cátedra Ribera Povisa en innovación e saúde. O seu obxectivo é implementar un programa de desenvolvemento académico-profesional para o profesorado da Escola Universitaria de Enfermaría.Esta cátedra fomenta o desenvolvemento de competencias e ferramentas innovadoras nas ciencias da saúde. Promove ademais actividades para impulsar e recoñecer a investigación neste ámbito, e desenvolve o Curso avanzado de posgrao en metodoloxía da investigación en ciencias da saúde. - Web
Saraiva, Activiza e Innova
- Denominación
Cátedra Saraiva, Activiza e Innova - Empresa
Saraiva, SL - Ano de constitución:
2021 - Obxectivos
Fomentar a investigación, innovación e formación no ámbito do sector sociosanitario orientado á persoas maiores.
Saramago
- Denominación
Cátedra Saramago - Entidade
Camões – Instituto da Cooperação e da Língua, I.P - Ano de constitución
2015 - Web
Telefónica-UVigo
- Denominación
Cátedra de Espazo de Innovación - Empresa
Telefónica Móviles España - Ano de constitución
2014 - Obxectivos
A Cátedra Telefónica para os espazos de innovación constitúe un programa de colaboración entre a empresa Telefónica e a Universidade de Vigo. Esta cátedra desenvolve as súas actividades na promoción, desenvolvemento, difusión e propostas que atendan as temáticas relacionadas coa innovación tecnolóxica, empresarial, industrial e social de acordo coa mellora do benestar social, mellora na eficiencia, novos sistemas de xestión, a aplicación das tecnoloxías da información e a comunicación, mellora da calidade ambiental e a sociedade cun desenvolvemento sostible ambiental e enerxeticamente. - Dirección da cátedra
José Cidrás Pidre jcidras@uvigo.gal - Web
Unesco
- Entidade
Unesco - Ano de constitución
2014 - Obxectivos
Fomentar un sistema integrado de investigación, formación, información e documentación sobre a xestión sustentable das zonas costeiras.