
Internacional
Desde a Universidade de Vigo e grazas aos convenios de colaboración e programas de mobilidade establecidos dentro e fóra de Europa, promovemos a mobilidade educativa e formativa da nosa comunidade (estudantado, persoal docente e investigador e persoal de administración e servizos) así como a cooperación, a inclusión e a equidade de todos os membros.