
Formación para o emprego
Como non só a adecuación das candidaturas aos perfiles profesionais demandados inflúe no éxito do proceso de inserción, senón que a habilidade cara a busca de emprego tamén o facilita, na Unidade de Emprego e Emprendemento organizamos accións formativas para promover a aprendizaxe e o desenvolvemento desas habilidades
Con que obxectivo?
Mellorar as posibilidades de inserción, tanto do alumnado finalista como dos titulados e tituladas da UVigo, a través do coñecemento das ferramentas e recursos de emprego.
Cal é a metodoloxía
Activa e participativa, baseada na realización de diversos exercicios e dinámicas de grupo.
A quen vai dirixido?
Preferentemente a estudantes de últimos cursos e recén titulados e tituladas da Universidade de Vigo.
Temáticas
Diagnose da empregabilidade.
Recursos e habilidades para a busca de emprego.
O proceso de selección.
A admisión, a través de Bubela, é por rigorosa orde de inscrición.
Cada un deles ten un recoñecemento por 5 horas (2 horas presenciais + 3 horas non presenciais).
Máis cursos
Curso Activa a túa empregabilidade
Descrición
Acción formativa modular de duración total de 30 horas. Posibilidade de inscrición só aos módulos desexados.
Cada módulo durará 5 horas: 2 horas presenciais e 3 horas de traballo autónomo do alumnado.
Posibilidade de recoñecemento de créditos ECTS.
Módulos (Obradoiros):
- Coñécete a ti mesmo e ao mercado laboral
- Como e onde buscar traballo
- Carta de presentación e currículo vitae
- O proceso de selección: test psicotécnicos, dinámicas de grupo e entrevistas de selección
- O meu primeiro contrato laboral: aspectos legais e organizativos
- Emprégate en Europa
Obxectivos
- Facilitar a aparición de actitudes positivas en relación coa busca de emprego a partir do desenvolvemento dos recursos persoais.
- Realizar unha análise do grao de empregabilidade persoal atendendo ás características do mercado de traballo e ao perfil profesional e persoal.
- Obter un enfoque correcto na exploración de oportunidades, a elección da metodoloxía e a canle máis adecuada na busca de emprego.
- Aprender a analizar o mercado de traballo, tendencias e situación actual.
- Manexar distintas fontes de información de ofertas de emprego, dando prioridade ao emprego das TIC.
- Ofrecer estratexias para definir o obxectivo profesional, a partir da identificación das propias competencias.
- Coñecer as ferramentas e métodos adecuados para realizar unha busca de emprego activa e planificada, adaptándoas ao mercado de traballo actual.
- Capacitar para afrontar os procesos de selección: características das entrevistas de selección e formulación e resolución das probas psicotécnicas e das dinámicas de grupo.
- Coñecer os aspectos legais básicos de toda relación laboral, identificando os dereitos e obrigacións como traballadores e traballadoras.
- Coñecer a estrutura organizativa dunha empresa e o funcionamento básico dos seus subsistemas empresariais.
- Facilitar recursos que permitan optimizar a busca de emprego en Europa ao colectivo universitario.
Lugar
Edificio Miralles, no campus de Vigo. Existe a posibilidade de ofertar os cursos nos campus de Ourense e Pontevedra, previa demanda e número suficiente de solicitudes.