Edificio dunha facultade da Universidade de Vigo

Organización académica

Nesta sección atoparás información sobre todos os centros e os departamentos da Universidade de Vigo: onde están, as súas estruturas, os nomes das persoas responsables ou os contactos. A información sobre a Escola Internacional de Doutoramento, coñecida como EIDO; as planificacións docentes anuais; os plans de acción titorial e de mentorización, que facilitan a integración do estudantado na universidade servindo de ponte entre eles e os diferentes servizos da institución, e o noso calendario do ano académico en curso.

A Planificación Docente Anual (PDA) asigna a cada titulación un número de horas de profesorado para distribuír en grupos docentes, de xeito que cada centro, comisión académica de mestrado (CAM) e a Escola Internacional de Doutoramento (EIDO) planifiquen os detalles de cada materia de grao, mestrado e doutoramento, respectivamente.

O Plan de Organización Docente (POD) asigna a docencia total encargada a un departamento ou área en titulacións de grao e en titulacións de mestrado que habilitan para profesións.

 

Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado

Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 595
vicprof@uvigo.gal