Consello Social

O Consello Social, que goza de plena independencia no exercicio das súas competencias, é o órgano de participación da sociedade na universidade que impulsa a colaboración entre elas contribuíndo eficazmente ao desenvolvemento social, profesional, económico, tecnolóxico e cultural de Galicia. Tamén vela pola mellora da calidade na educación superior universitaria e procura obter os recursos precisos para garantir a suficiencia económica e financeira.

O Consello Social da Universidade de Vigo constituíuse o 20 de xullo de 1995, en aplicación das leis 5/1987 e 11/1989.

Membros

Ernesto_pedrosa_silva

Ernesto Pedrosa Silva
Presidente

Foi nomeado o 1 de setembro de 2011, sendo presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo.

Pertence ao Consello Social dende o 24 de novembro de 2003, designado pola Orde do 19 de novembro. Antes de ocupar este cargo, durante a presidencia de Emilio Atrio Abad, ocupou a cadeira de vicepresidente desde o 14 de xullo de 2004.

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Avogado en exercicio desde o ano 1984 e letrado asesor xurídico de importantes empresas con sede social na provincia de Pontevedra.

O secretario do consello é Ignacio Rodríguez Iglesias.

As persoas elixidas polo Consello de Goberno da Universidade de Vigo son as seguintes:

  • Manuel Joaquín Reigosa Roger
  • María José Bravo Bosch
  • Yolanda Trinidad Lesmes Romero
  • Natalia Caparrini Marín
  • Carlos Mollinedo Lois
  • Manuel Diz Folgar

 

Outros membros ordenados por ámbito de procedencia:

  • Jesús Graña Nogueiras
  • M.ª Elvira Larriba Leira
  • Xosé Manuel Atanes Limia
  • Xulio Calviño Rodríguez
  • M.ª de los Ángeles García Míguez
  • Yolanda López Fernández

  • Francisco Gustavo Izquierdo Martínez
  • María Teresa Cendón Alonso
  • Silvia Crespo Tobío
  • Antonio Martiño Gómez
  • Ana Ortiz Álvarez
  • Gerardo Ramón Pérez Puga

  • Emilio Fernández Zunzunegui
  • M.ª Elena Añel Cabanelas
  • Juan José Santamaría Conde

  • Demetrio Gómez Xunqueira
  • Mercedes Castro Mouzo
  • Armando Ojea Bouzo

  • David Martínez Alonso
  • Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa
  • María Sol Novoa Rodríguez
  • César Blanco Gómez

 

Funcións

A misión do consello é velar pola satisfacción das expectativas e necesidades da sociedade por parte da universidade. Como órgano de goberno, colabora na definición da planificación estratéxica, desenvolve funcións de control e de supervisión das actividades de carácter económico e do rendemento dos servizos. Procura a mellora continua destes últimos e promove as políticas de calidade.

  • Aprobaranse o orzamento anual e a programación plurianual da universidade tras o informe do Consello de Goberno.
  • Aprobaranse as contas anuais da universidade e das sociedades nas que teña presenza maioritaria, podendo encargar a realización de auditorías externas.
  • Aprobarase a disposición sobre bens inmobles e mobles da universidade e a desafectación dos seus bens de dominio público.
  • Supervisarase o rendemento e a calidade dos servizos universitarios.
  • Promoverase a colaboración da sociedade no financiamento do ensino e da investigación da universidade e a captación de recursos económicos externos.
  • Impulsaranse as actuacións que propicien un maior achegamento do estudantado ás demandas do mercado laboral.
  • Favoreceranse as actividades orientadas a completar a formación integral do estudantado e aprobar as normas que regulen o seu progreso e permanencia na universidade.
  • Promoveranse as bases da política de bolsas, axudas e créditos para o estudo e a investigación.
  • Propoñerase á Xunta de Galicia a creación, a implantación ou a supresión de facultades, escolas técnicas superiores e escolas universitarias.
  • Fixaranse os prezos das ensinanzas propias, dos cursos de especialización e os referentes ás demais actividades autorizadas pola universidade.
  • Realizaranse os estudos sobre a adecuación da oferta de titulacións e dos plans de estudos sobre o rendemento académico do estudantado e sobre a inserción laboral das persoas tituladas.

 

 

Ir ao Consello Social

 

Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 812 663
secoso@uvigo.gal