Pantalla dun portátil con gráficas e dúas persoas traballando

Spin Offs da Universidade de Vigo

Velaquí as empresas promovidas polo persoal investigador da Universidade de Vigo que permitiron transferir os resultados da investigación ao mercado e xerar valor engadido á sociedade.

 

Logotipo da spin-off Aguas de Rodas
Logotipo da spin-off Alen Space

Aguas de Rodas
Caracterización e recollida de auga mariña profunda da contorna do Parque Nacional Illas Atlánticas para diversos usos de consumo humano.

Alén Space
Servizos de consultoría, deseño, fabricación e operación de pequenos satélites. Solucións chave en man para negocios no espazo.


Logotipo da spin-off CEO2 Green
Logotipo da spin-off Circadian_catD

Ceo2 green, SL
Resposta á necesidade actual de constante evolución nas tecnoloxías utilizadas nos eidos das enerxías renovables, da calefacción, da climatización e da refrixeración.
 

Circadian Ambulatory Technology & Diagnostics, SL 
Na procura dunha mellor saúde individual e poboacional mediante a adecuada diagnose de hipertensión verdadeira e así reducir a carga da enfermedade cardiovascular, metabólica e renal.


Logotipo da spin-off Codelab17
Logotipo da spin-off Coderiam

Codelab17
Empresa derivada orientada á análise, ao deseño e ao desenvolvemento de solucións fullstack para empresas principalmente do sector enerxético.
 

CoderIAm, SL 
Ideas innovadoras e eficientes no tempo para o control de máquinas. Optimización de microprogramas para maquinaria e deseño de electrónica ad hoc.


Logotipo da spin-off EM3_works
Logotipo da spin-off Energio Advance

EM3Works
Actividades de enxeñaría relacionadas con compatibilidade electromagnética (EMC), interferencia (EMI) e niveis de radiación (RADHAZ).

Energio Advance
Desenvolvemento de tecnoloxía e de produtos de enxeñaría no ámbito da eficiencia enerxética, así como a realización de tarefas de asesoramento científico e asistencia técnica. 


Logotipo da spin-off Ephytec
Logotipo da spin-off ERH Ilumnia

Environmental physics technologies
Solucións no ámbito da enxeñaría marítima, civil, enerxías renovables, estudos ambientais e de efectos do cambio climático e desenvolvemento de software de simulación de fluídos.

Erh Illumnia
Desenvolvemento de lámpadas LED de baixo consumo e execución de proxectos relacionados coa óptica avanzada.


Logotipo da spin-off Fg2 Energy Control
Logotipo da spin-off Gassport

FG2 Energy Control
Mellora de envolventes con novos materiais para incrementar o illamento en edificios construídos sen control enerxético e enerxías renovables en edificios novos.

Global Applications and Solutions for Sports 
Consultoría técnica e de servizos para o adestramento físico e a comercialización de ferramentas informáticas para a actividade deportiva.


Logotipo da spin-off Geodem
Logotipo da spin-off Hercules Control

Geodem
Desenvolvemento de actividades en torno á enxeñaría do medio ambiente e dos recursos naturais. Entre os seus fins atópase tamén a contribución ao desenvolvemento sostible.

HCTech
Esta iniciativa ofrece solucións ás demandas tecnolóxicas do sector marítimo no campo da hidrografía. 


Logotipo da spin-off Imatia
Logotipo da spin-off Inbiogal

Imatia
Produtos e servizos de software que axudan a empresas e administracións de todo o mundo a aumentar a súa produtividade, para que poidan facer máis en menos tempo.

Inbiogal
Asistencia no deseño e no desenvolvemento de estudos de carácter bioquímico ou xenético e formación e asesoramento especializado no eido da bioquímica ed a bioloxía molecular.


Logotipo da spin-off Infibox
Logotipo da spin-off Insitu

Infinbox
Compañía dedicada ao desenvolvemento de servizos e de solucións TIC para hospitais, tanto para pacientes como para profesionais do sector.

Ingeniería insitu, SL
Empresa de base tecnolóxica (EBT) orientada á enxeñaría e arquitectura, nacida no 2008 desde o grupo de xeotecnoloxías aplicadas.


Logotipo da spin-off IOT Partners

Logotipo da spin-off Mycogalicia

IOT Partners
Creación de novos produtos e servizos sobre as últimas tendencias tecnolóxicas en sectores con alto potencial de dixitalización.

Mycogalicia
Promoción da mellora do estado forestal potenciando o desenvolvemento rural, desde a micoloxía ata a botánica e outros campos de traballo relacionados co medio ambiente.


Logotipo da spin-off Nanofaber

Logotipo da spin-off Nanoinmunotech

Nanofaber
Provedor integral para a adquisición de materiais avanzados, nanotecnoloxías, servizos de enxeñaría e innovación para os sectores de saúde, de enerxía, de manufactura e de sustentabilidade.

Nanoinmunotech
Bioconxugación e sistemas nanométricos baseados en biosensores para mellorar a calidade de vida das persoas.


Logotipo da spin-off Peloides
Logotipo da spin-off Planesga

Peloides Termales
Consultoría sobre produción, emprego e propiedades de peloides a medida, tanto para aplicacións terapéuticas coma cosméticas, enfocada a prestar servizos ao sector termal.

Planesga
Consultoría especializada na avaliación de procesos territoriais, na xestión do territorio e en sistemas de información.


Logotipo da spin-off Energio Research

Logotipo da spin-off Quantum

Energio Research
Desenvolvemento, produción e comercialización de produtos baseados na mecánica.

Quantum innovative
Especialistas en ofrecer solucións avanzadas de enxeñaría mecánica, utilizando tecnoloxías e valorizando todo o coñecemento adquirido a través da universidade.


Logotipo da spin-off Reyeleble
Logotipo da spin-off Social Wire

RelEYEble
Empresa especializada no procesado dixital da imaxe, que aplica algoritmos de intelixencia artificial para extraer información útil para os negocios.

Unmanned Galicia 
Deseño de cargas útiles intelixentes e métodos para inspeccións realizadas con UAV: inspección de infraestruturas baseada en sensores de contacto, inspeccións de instalacións solares e outras tarefas de teledetección con UAV.


Logotipo da spin-off Sound of Numbers

Logotipo da spin-off Umana

SON 
Empresa derivada constituída no ano 2008 para o desenvolvemento de ferramentas de enxeñaría acústica. 

Umana Ingeniería, SL
Compañía especializada en biomecánica, pioneira en servizos de análise biomecánica e no desenvolvemento de tecnoloxías avanzadas. 


Logotipo da spin-off  Vixia System

Logotipo da spin-off Hydrosphere

Vixia System, SL
Sistemas de visualización e de avaliación de variables ambientais, sistemas de información xeográfica, modelos de xestión de recursos e automatización de procesos de mostreo.

Hydrosphere
Empresa dedicada á identificación taxonómica de especies bentónicas, recollida de mostras, proxectos de I+D, asesoramento e divulgación


 

 

Máis información:

Oficina de I+D
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
+34 986 812 236
otri@uvigo.gal