Programas destacados

Móveste. Ti es mUVer.

En inverno ou en primavera, chova ou faga sol, porque a ti nada che impide levar unha vida activa e saudable. Formas parte dunha comunidade fascinante que aposta polo deporte, a saúde e os retos. Se aínda non estás no equipo, esta é a túa oportunidade. Únete ao movemento.


Deportista correndo

 

Este abono dáche acceso ás salas cardiofitness dos tres campus, a múltiples actividades dirixidas, ás pistas de tenis e de atletismo... E, por se fora pouco, inclúe descontos nas escolas deportivas e nas actividades no medio natural como Augaventura ou Rutas Culturais.

ABONO MUVER

Modalidades de abono

  • Por curso académico
  • Cuadrimestral
  • Mensual
  • Verán (xuño, xullo e agosto)

Actividades dirixidas incluídas

  • Campus de Ourense: body pump, ciclo indoor, ioga, adestramento funcional e educación postural.
  • Campus de Pontevedra: badminton, pilates, HIIT., voleibol e baloncesto.
  • Campus de Vigo: core, cross training, iniciación ao Jiu Jitsu, adestramento funcional, ioga, iniciación á escalada en bloque e voleibol.

 

Deportista correndo nunha cinta

Nas salas cardio-fitness tes todo o preciso para que manteñas a boa forma. As instalacións están abertas dende a primeira hora da mañá e durante toda a xornada, sempre coa presenza de persoal técnico cualificado que te axudará a acadar os teus obxectivos.

Poderás contar con programas de adestramento individualizado e avaliacións periódicas da mellora da túa condición física.

Ademais, se dispós do Abono mUVer, poderás asistir de forma gratuíta a un amplo abano de actividades, como: HIIT, core, ioga ou pilates (consulta a oferta por campus).

Servizos de fitness
 

Formas de acceso:

  • Con Abono mUVer
  • Con Bono Multideporte de 5 ou 10 sesións
  • Con Entrada Multideporte para unha sesión

Rapaza practicando fitness

 A Universidade de Vigo ofrece a posibilidade de aprender diferentes modalidades deportivas a través do seu programa de Escolas Deportivas así como practicar por libre nas instalacións propias da universidades (o aluguer é de balde para a comunidade universitaria.


Escolas por Campus:

  • Campus de Ourense: tenis, tenis infantil, voleibol praia e voleibol.
  • Campus de Pontevedra: bádminton, baloncesto e voleibol.
  • Campus de Vigo: bádminton, pickleball, iniciación á escalada en bloque e iniciación ao rugby.
     

Escolas Deportivas

Rapazas practicando tenis

Estas ligas responden ao interese pola competición en deportes de equipo, ao tempo que se fomentan valores como a deportividade e o compañeirismo.

Podes participar equipos integrados por persoas pertencentes á comunidade universitaria da UVigo e existe tamén unha bolsa de xogadores/as para quen busque un grupo no que integrarse.

As modalidades de competición son: baloncesto mixto, balonmán (masculino e feminino), futbol mixto, fútbol sala (masculino e feminino), rugby 7 (masculino e feminino), tenis mixto e voleibol mixto.

O regulamento inclúe un sistema de puntuación fair play que promove o xogo limpo e ten en conta o comportamento antideportivo.

Ligas universitarias

Deportista xogando ao baloncesto

O programa de actividades no medio acuático inclúe dúas edicións. A primeira é a de outono, que se realiza no mes de outubro, e a segunda é a de primavera, que se desenvolve no mes de abril. Mediante estas actividades a comunidade universitaria ten a oportunidade de gozar de deportes no medio acuático en condicións moi vantaxosas e estimulantes.

Inclúense no programa as seguintes actividades: flyboard, descenso de rápidos (rafting), ruta Illa de San Simón (caiak + andaina + snorkel), bautismos de surf, wakeboard, windsurf e mergullo.
 

AUGAVENTURA

Deportista facendo surf

Ao longo de todo o curso organízanse rutas de sendeirismo dirixidas a todas aquelas persoas interesadas tanto no exercicio físico en si como no coñecemento do noso patrimonio natural e arqueolóxico. En moitos dos casos finalizan con actividades de tipo cultural, lúdico ou gastronómico, como un magosto. Estes percorridos, deseñados orixinariamente para a comunidade universitaria, amplíanse ao público en xeral no caso de que non se cubran a totalidade das prazas. Ademais, facilitamos un autobús que traslada as persoas participantes desde os campus de orixe ata o lugar de saída e de regreso. A dificultade adoita ser baixa ou media-baixa.

Algunhas das rutas máis populares teñen sido: os Ancares, as Médulas, Costa da Morte ou Pasadizos do Rio Paiva, entre outros.

Rapaza facendo sendeirismo

ExploraCampus é unha iniciativa que ofrece actividades e recursos para a práctica deportiva ao aire libre na contorna dos campus de Vigo e Pontevedra. Abrangue modalidades como rutas a pé, rutas en bicicleta, xeocaching, orientación, carreiras de montaña e quedadas running, entre outras.

O programa desenvólvense en dúas quendaS, nos meses de setembro-outubro e abril-maio.

Ademais, as persoas interesadas teñen á súa disposición os tracks de diferentes rutas curtas na contorna dos campus na seguinte ligazón:

EXPLORACAMPUS

Exploracampus 2023

 

Información Campus de Vigo

 

Para máis información, podes contactar coa Sección de Extensión Universitaria:

Campus de Vigo
+34 986 813 626
extension@uvigo.gal

Campus de Ourense
+34 988 387 102
asc-ou@uvigo.gal

Campus de Pontevedra
+34 986 801 949 | 986 801 955
asc-po@uvigo.gal