Vicerreitoría de Planificación e Sostibilidade
José Luís Míguez
Vicerreitor
Doutor enxeñeiro industrial e catedrático de Máquinas e Motores Térmicos por habilitación nacional. A súa experiencia profesional (6 anos) iníciase en empresas de prefabricados de formigón e do sector auxiliar de automoción, aínda que desde 1993 é profesor universitario.
É coautor de 7 libros e 80 artigos de investigación en revistas de alto impacto (JCR), codirector de 15 teses doutorais e de máis de 100 PFC/TFG/TFM. Tamén é coautor de 7 patentes, 3 de ámbito internacional (WO mundial, EUA e europea). É coordinador do grupo de Tecnoloxía Enerxética, considerado de referencia competitiva pola Xunta de Galicia. Dirixiu proxectos en convocatorias competitivas de investigación (MCYT, MICINN, Xunta de Galicia etc.) e participou en 14 proxectos internacionais: H2020, Intelligent Energy Europe, Altener, Interreg, POCTEP.
Ten 3 proxectos europeos en vigor e realizou máis de 50 proxectos con empresas ou entidades públicas, en convocatorias altamente competitivas (CENIT, Fondo Tecnolóxico-CDTI, Proxectos singulares, Interconecta, Conecta- Peme etc.) de elevada contía.
Coordina o programa de doutoramento en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade en Enxeñaría e Arquitectura coas universidades do País Vasco e Burgos.
No ámbito da xestión, foi director da Área de Innovación e Desenvolvemento, da Área de Novos Proxectos, delegado no Centro Universitario da Defensa –Escola Naval Militar (Marín)–. Foi colaborador da Axencia Estatal de Investigación, Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, así como tamén colaborou na ANEP e foi adxunto-xestor ANEP Transferencia Tecnolóxica. Foi xestor de I+D+i Programa DPI/ DPA (Deseño e Produción Industrial/Automoción), Consellaría de Innovación, Industria e Comercio. Ademais, participou en comités de normalización de AENOR ( CTN164, CTN124, CTN301).
Organización
- Jacobo Porteiro Fresco
Director de Área de Sostibilidade
+34 986 813 410 - Jose Carlos Caamaño Martínez
Director de Área de Infraestruturas e Prevención de Riscos Laborais
+34 986 130 254
dir.infraestruturas.prl@uvigo.gal - Delfina Couce Fortúnez
Directora da Oficina de Medio Ambiente
+34 986 813 883
- Manuel Pérez Cota
Director de Área de Innovación Administrativa
+34 986 813 602
dir.innovadm@uvigo.gal - Jose Juan Pazos Arias
Director de Área de Novas Tecnoloxías
+34 986 813 410 - Eugenia María Rodríguez González
Secretaría
+34 986 813 440
vicplan@uvigo.gal
Competencias
- As relativas á programación, supervisión e execución das novas infraestruturas, así como a reforma, remodelación, adaptación ou reparación das xa existentes, en coordinación coa Xerencia.
- As correspondentes ás actuacións urbanísticas que afecten a Universidade de Vigo.
- As relacionadas con plans, proxectos e programas estratéxicos institucionais.
- As correspondentes á solicitude e á contratación de proxectos, infraestruturas, equipamentos e instalacións de carácter institucional.
- As de xestión e coordinación dos equipamentos e infraestruturas docentes.
- As relativas á posta en marcha de programas de sustentabilidade enerxética e ambiental.
- As relativas ás tecnoloxías da información e as comunicacións e os seus servizos.
- A definición, execución e supervisión da política de prevención de riscos laborais.
- A planificación e a coordinación das actividades de implantación e desenvolvemento da administración electrónica, de acordo coa Secretaría Xeral.
- As relacionadas coa Fundación Universidade de Vigo (Fuvi).
- As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 440
vicplan@uvigo.gal