O goberno nos centros
Os decanos e decanas de facultade e directores e directoras de escola ostentan a representación dos seus centros e exercen as funcións de dirección e xestión ordinaria
Son elixidos pola Xunta de Centro, nos termos establecidos polos estatutos, entre o profesorado con vinculación permanente á Universidade, adscrito ao centro.
O decano ou a decana ou o director ou a directora do centro, asistido polo seu equipo de goberno, é responsable da súa dirección e xestión.
Funcións das persoas decanas de facultade ou directoras de centro:
- O exercicio da representación do centro.
- A convocatoria e a presidencia da Xunta de Centro e da xunta ou xuntas de titulación, se é o caso.
- A execución dos acordos da Xunta de Centro.
- A supervisión do funcionamento dos servizos do centro.
- A dirección da xestión ordinaria do centro.
- A proposición, despois de oír a Xunta de Centro, de apertura de informe previo por parte do reitor, a calquera membro do centro.
- Ter conta do cumprimento dos horarios docentes e de titorías.
- Todas as que lles atribúan a lexislación vixente e estes estatutos.
A persoa que desempeña a dirección ou o decanato designa, de entre todos os membros do centro, ás persoas vicedecanas ou subdirectoras.
Estes membros do equipo de dirección actúan coas competencias e funcións que lles delega o decano ou decana ou director ou directora, así como con todas as que lles atribúe o regulamento de réxime interno do centro.