Tarxeta universitaria
O teu pasaporte como persoa da comunidade universitaria UVigo para poder gozar de múltiples vantaxes!
Unha vez que dispoñas do teu identificador na Uvigo (NIU) poderás obter a túa TUI (Tarxeta Universitaria Intelixente). Esta tarxeta, realizada en colaboración co Banco Santander, acredítache fisicamente como estudante, profesor ou profesora, ou persoal de administración e servizos da UVigo e darache acceso a unha morea de servizos como poden ser:
- Utilidades informáticas da Universidade (enderezo electrónico, wifi gratuíta, ...)
- Préstamo de libros en bibliotecas.
- Acceso a instalacións de uso restrinxido.
- Moedeiro electrónico.
- Sinatura electrónica.
- Descontos en establecementos comerciais.
Consulta a continuación como obter a túa tarxeta universitaria intelixente e lembra que, se instalas a app da UVigo, disporás tamén da TUI no teu móbil.
Como obter a TUI?
Para poder solicitar a TUI terás que cumprir un dos seguintes requisitos:
- Estar matriculado/a nunha titulación oficial da Universidade de Vigo (grao, máster oficial, programa de doutoramento etc.).
- Ter un contrato laboral na Universidade de Vigo en vigor
Se cumpres algún dos requisitos anteriores, terás que seguir estes pasos:
- Comprobar que tes unha conta de usuario na secretaría virtual. Desde a secretaría poderás acceder á túa conta ou crear unha se aínda non a tes. Se non es quen de recuperar os teus datos de acceso, podes solicitar na secretaría de estudantado do teu centro a actualización do teu enderezo electrónico.
- Comprobar a emisión da túa tarxeta. Na sección «A miña conta» -> «Tarxetas Universitarias» da túa secretaría terás unha listaxe coas TUI emitidas e poderás comprobar os datos cos que se emitirá a nova tarxeta.
- Achegarte a unha das oficinas do Banco Santander do teu campus, onde che tomarán unha fotografía e nuns minutos che darán a túa TUI.
Onde e cando?
Ourense
Pavillón de Estudantes (ao lado da oficina do Banco Santander)
De luns a venres (no mes de setembro)
De 8.30 a 14.30 h e de 15.30 a 17.00 h
Pontevedra
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
De luns a venres (no mes de setembro)
De 10.00 a 14.00 h
Vigo
Área Comercial Local B1A
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
De luns a venres (no mes de setembro)
De 8.30 a 14.30 h e de 15.30 a 17.00 h
Escola de Enxeñería Industrial (sede cidade)
Rúa do Conde de Torrecedeira, 86
36208 Vigo
Do 5 ao 9 de outubro
De 10.00 a 14.00 h
Fóra destas datas, poderás solicitar a túa TUI nas oficinas do Banco Santander de cada campus.