Como publicar unha oferta
A Área de Emprego e Emprendemento ofrece axuda a empresas e institucións para se achegaren ás titulacións da Universidade de Vigo e que poidan coñecer e contratar os e as profesionais que máis se axusten ás súas necesidades
A Área de Emprego e Emprendemento:
- Divulga gratuitamente as súas ofertas de emprego e bolsas de formación práctica a través das canles da UVigo.
- Facilita o proceso de selección á entidade empregadora se opta por recibir os currículos e a restante documentación das candidaturas unha vez comprobada a veracidade dos requisitos esixidos.
- Proporciona un espazo na Universidade de Vigo para realizar o proceso de selección.
Para publicar unha oferta de emprego ou una bolsa de formación ou prácticas debes cubrir o documento de solicitude de difusión de convocatoria así como o protocolo de actuación e achegalo ao enderezo electrónico insercionlaboral@uvigo.es.
Para máis información, chama ao teléfono +34 986 812 136.