Actividades e competicións
Dispoñemos dun completo e extenso repertorio de opcións para persoas abonadas e usuarias puntuais das instalacións deportivas.
- Actividades dirixidas: as persoas abonadas ou cunha entrada puntual multideporte poderán gozar en cada campus de diversas actividades dirixidas de carácter gratuíto: adestramento funcional, ioga, jiu-jitsu, HIIT, pilates, dance fitness, ciclo indoor... e unha ampla oferta para elixir.
- Escolas deportivas: o noso espírito é achegar á comunidade universitaria modalidades deportivas que non sempre tiveron ao seu alcance co obxectivo de introducir hábitos deportivos saudables afastados das tradicionais prácticas de deporte competitivo.
- Actividades no medio natural: organizamos un amplo abano de actividades no medio natural, dende as do programa Augaventura no medio acuático ata as do programa ExploraCampus.
- Rutas culturais: programamos rutas a pé por toda a xeografía galega. Sendeirismo, natureza e cultura para camiñar e aprender gozando.
- Ligas e campionatos internos: todos os cursos académicos a Universidade de Vigo organiza unha serie de competicións internas, tanto en modalidades individuais como por equipos, nas que pode participar calquera persoa da comunidade universitaria.
- Campionatos Galegos Universitarios (CGU): as tres universidades galegas organizan, dentro do seu programa conxunto de actividades, os Campionatos Galegos Universitarios. Estes campionatos desenvólvense todos os anos durante os meses de febreiro, marzo e abril.
- Campionatos de España Universitarios (CEU): o Consello Superior de Deportes (CSD) convoca anualmente os Campionatos de España Universitarios nun amplo abano de modalidades deportivas. Os equipos de cada universidade deben estar integrados por estudantes universitarios de grao, mestrado ou doutoramento.
- Campionatos Internacionais: a Universidade de Vigo participa anualmente nos Xogos Galaico-Durienses xunto coas outras tres universidades galegas e as do norte de Portugal. Ademais ocasionalmente tamén ten presenza nos Campionatos de Europa e do Mundo Universitarios (EUC e WUC, respectivamente).
- Deporte federado: as persoas da comunidade universitaria teñen a oportunidade de practicar deporte no ámbito federado, ben nalgún dos equipos propios da Universidade de Vigo ou ben a través dalgunha das entidades coas que existe un convenio de colaboración.
- Entidades colaboradoras: soamente por pertencer á Uvigo tes ao teu alcance unha morea de centros e entidades deportivas que ofrecen prezos reducidos e ofertas especiais ás persoas da nosa comunidade universitaria.
E lembra ademais que, por facer deporte na Universidade, podes obter un recoñecemento académico e a validación de ata 6 créditos ECTS no teu expediente. Consulta a información daquelas actividades que dan dereito a validación no seguinte enlace: recoñecemento de créditos ECTS por actividades de Extensión Universitaria.
Na seguinte ligazón podes consultar as memorias que recollen as accións e as actividades realizadas no ámbito do deporte e da saúde desde o curso 2010/2011:
Para máis información, podes contactar coa Sección de Extensión Universitaria:
Campus de Vigo
+34 986 813 626
extension@uvigo.gal
Campus de Ourense
+34 988 387 102
asc-ou@uvigo.gal
Campus de Pontevedra
+34 986 801 949
+34 986 801 955
asc-po@uvigo.gal