Matrícula graos

Procedemento de admisión do alumnado con estudos universitarios estranxeiros para o curso 2021/2022 (recoñecemento de créditos)

 

Matricularse por primeira vez

Unha vez que estás admitida ou admitido para iniciar estudos nunha titulación da UVigo, deberás acceder á seguinte ligazón, onde farás os trámites de matrícula:

Para facer a matrícula

 

Continuar estudos

Se continuas estudos na Universidade de Vigo, deberás a facer os trámites accedendo a túa secretaría virtual:

Continúo os meus estudos

 

Podemos axudarche coas túas xestións

 

Importante, debes ter en conta

  • Se por algunha circunstancia non podes facer a matrícula virtualmente terás que dirixirte, dentro do teu prazo de matrícula, á Secretaría de Alumnado da Facultade/Escola onde vas estudar.
  • No apartado de matrícula titulado EXENCIÓNS debes marcar todos os descontos aos que tes dereito segundo a túa situación. Se no momento da matrícula esqueciches marcalos, deberás dirixirte ao Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos da UVigo que resolverá o caso segundo a normativa vixente.
  • Se no momento de facer a matrícula xa tes solicitada a bolsa do Ministerio de Educación ou do País Vasco ou tes intención de solicitala, terás que marcar a opción BOLSEIRO ou BOLSEIRA no apartado de exencións. Isto fará que se che paralice o pago da matrícula ata a resolución da bolsa ou ata que se comprobe que compres os requisitos necesarios para solicitala.
  • Rematada a matrícula terás que abonar o importe que che corresponda e entregar, no prazo indicado na convocatoria, unha serie de documentación. Que non pagues ou non entregues esta documentación NON IMPLICARÁ que se che anule a matrícula, senón que dará lugar á suspensión temporal dos dereitos como estudantes e ao arquivo da matrícula (isto non afectará ao réxime de permanencia nin impedirá concorrer ás probas de avaliación). Ademais suporá o abono dunha penalización.
  • Normativa de permanencia
  • Acreditación de nivel de competencia en lingua inglesa, se lle esixe, a partir do curso 2018/2019, ao alumnado que acceda por primeira vez aos graos de:
  1. Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
  2. Enxeñaría en Organización Industrial
  3. Enxeñaría en Química Industrial
  4. Enxeñaría en Tecnoloxías Industrias
  5. Enxeñaría Eléctrica
  6. Enxeñaría Mecánica
  7. Enxeñaría Biomédica

Se non tes este nivel de competencia cando accedes a titulación, poderás obtelo mentres cursas o grao. A data límite para a súa xustificación será a da presentación da solicitude de defensa do TFG

Certificados recoñecidos por ACLES - Idioma Inglés (PDF)12.53 KB

 

Lugares de tramitación

Lugares para a realización de trámites e de presentación de solicitudes e documentación:

Vía telemática

  • Na secretaría virtual (só para solicitar matrícula fóra de prazo e anulación total de matrícula).

Para acceder disporase dun NIU. Ao alumnado de novo ingreso xeraráselle automaticamente ao finalizar a matrícula. Podes recuperar os teus datos de acceso na secretaría, no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/ 

En relación co procedemento para a presentación de solicitudes de prazas sobrantes e debido á necesidade de resolver con urxencia o procedemento de asignación de prazas co fin de non demorar a incorporación do alumnado aos estudos de grao, será necesario facer constar o enderezo electrónico xa que, será o medio de comunicación do procedemento.

 

Presencial

  • Para quen, por unha circunstancia excepcional, non poida realizar algún dos trámites polas vías anteriores, é necesario solicitar cita previa.

Oficina de asistencia en materia de rexistro do campus de Vigo (Xerencia e Servizos Centrais - Campus de Vigo)
Oficina de asistencia en materia de rexistro do campus de Vigo-cidade (Edificio anexo Escola de Enxeñaría Industrial. Rúa de Torrecedeira, 86)
Oficina de asistencia en materia de rexistro do campus de Ourense (Edificio Administrativo - As Lagoas)
Oficina de asistencia en materia de rexistro do campus de Pontevedra (Escola Enxeñaría Forestal – A Xunqueira)

  • Exclusivamente nas unidades administrativas do centro de estudos

Cando a presentación da solicitude ou do trámite a realizar implique a necesidade de facer unha valoración simultánea do expediente académico e/ou elección dunha opción determinada.

 

Traslado de expediente

O alumnado que superase a proba de acceso na Universidade de Vigo e desexe iniciar estudos noutra universidade, deberán solicitar traslado de expediente. Premendo no seguinte botón accederás á información sobre o procedemento que cómpre seguir.

Traslado de expediente ABAU

 

Estudantes que queren cambiar de grao

  • Para un grao da Universidade de Vigo

O alumnado matriculado nun grao na Universidade de Vigo que desexe trasladarse a outro grao na mesma universidade e que xa foi admitido, no momento de formalizar a matrícula apareceralles unha mensaxe de se desexa realizar o traslado de expediente para poder efectuar devandita matrícula.

  • Para un grao noutras universidades

O alumnado que foi admitido nun grao noutra universidade que non sexa a de Vigo, deberá solicitar o traslado de expediente na unidade administrativa da área de grao do centro no que estaba matriculado. Deberá presentar a carta de admisión e efectuar o pago dos prazos públicos na universidade de orixe.