UVigo nunha ollada

Nacemos no 1990 e desde entón mantivemos un constante crecemento e consolidación. Somos unha universidade de vangarda, coa excelencia como obxectivo, que está a medrar como unha referencia internacional na innovación e na investigación.

 

Unha universidade pública ao servizo da sociedade

A Universidade de Vigo é unha universidade pública, con autonomía académica, económica e de goberno e que se sitúa ao servizo da sociedade baixo os principios da igualdade, solidariedade, democracia e liberdade.

Os nosos fins prioritarios son a consecución das máximas cotas de calidade de docencia e investigación, así coma o fomento da procura de novos coñecementos e a transferencia destes á sociedade, a creación artística e o desenvolvemento científico e tecnolóxico.

 

Identidade

A actual identidade corporativa da  Universidade de Vigo formouse en outubro de 2008, afrontando un cambio e actualizándose acorde a un novo escenario. A identidade está composta por diferentes símbolos que representan á universidade para crear unha unidade interna e unha proxección externa unificada, poderosa e representativa dos nosos trazos e valores, o signo está presente nos diferentes contextos nos que se desenvolve.

 

 

Recursos humanos

No Portal de transparencia atoparás os datos desagregados por sexo, idade, procedencia xeográfica, categoría etc. do noso persoal de administración e servizos (PAS), do persoal docente e investigador (PDI) e do persoal investigador. 

Matriculación

De seguido poderás coñecer a evolución histórica dos datos da matrícula nas titulacións da Universidade de Vigo

Estrutura da universidade

A Universidade de Vigo está presente nas cidades de Ourense, Pontevedra e Vigo con tres campus especializados.

Prácticas en empresas 

Ofrecémosche os datos actualizados do estudantado de titulacións oficiais que realizan prácticas curriculares e extracurriculares desagregado por titulación:

Mobilidade

A continuación presentámosche os indicadores dos distintos programas de intercambio existentes na Universidade de Vigo, tanto para o estudantado propio coma alleo de titulacións oficiais. Tamén atoparás os datos de intercambio do persoal de administración e servizos e do persoal docente e investigador.

Investigación e transferencia

No Portal de transparencia recóllense os indicadores relativos á actividade de investigación realizada pola Universidade de Vigo, así coma á transferencia de resultados da dita investigación, actividade de I+D+I do persoal investigador e dos grupos de investigación, o repositorio da produción científica e o impacto dos resultados bibliométricos.

Infraestruturas e servizos

A continuación amósanse os informes publicados no Portal de transparencia no ámbito das infraestruturas universitarias (biblioteca, tecnoloxía das comunicacións, edificios,...)

 

Más información:

Unidade de Análises e Programas
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 818 689
consulta.uap@uvigo.gal