
Persoal investigador
Somos unha universidade innovadora que aposta pola investigación de calidade e a transferencia do saber á sociedade. Descobre as razóns polas que somos a túa universidade
1. Porque cremos no mesmo ca ti
- Liberdade, honestidade, responsabilidade e rigor
Estes son os valores éticos presentes en todas as fases da nosa actividade investigadora. Podes saber máis de como traballamos consultando a guía de boas prácticas.
Guía de boas prácticas
- Excelencia na xestión dos recursos humanos
A Comisión Europea concedeunos o galardón HRS4R que recoñece o noso compromiso na implementación dunha contratación xusta e transparente e unha contorna de traballo que favorece e estimula a investigación.
Estratexia de recursos humanos
2. Pola nosa base investigadora
- 44 programas de doutoramento
- 4 campus de especialización: Campus do Mar, Campus Vigo Tecnolóxico, Campus CREA e Campus Auga
- 4 centros de investigación, 4 centros de apoio e 3 agrupacións estratéxicas
- Máis de 180 grupos de investigación
- Contamos cunha convocatoria de axudas financiada con fondos propios
Repasa algunhas das nosas cifras

+1700
PERSOAS INVESTIGANDO

185
GRUPOS DE INVESTIGACIÓN

+24 M€
RECURSOS CAPTADOS

+6 M€
I+D CONTRATADA

+200
PATENTES ACTIVAS

30
NOVAS EMPRESAS BASEADAS NO COÑECEMENTO
3. ... e porque podemos axudarche
- Bolsas de formación nos centros de investigación: CACTI, CITI e ECIMAT
- Axudas predoutorais da universidade
- Oportunidades de emprego en I+D+I
- Diversas convocatorias de captación e retención de talento investigador
SE PRECISAS MÁIS INFORMACIÓN
Contacta coa Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación
+34 986 813 597
vicinv@uvigo.gal