Participación do alumnado
Participación nos órganos de goberno
Segundo establece o Regulamento do estudante da Universidade de Vigo, serán persoas electoras e elixibles quen reúnan os requisitos establecidos no artigo 2.1 do presente regulamento, nos termos que sinale a normativa electoral.
Son representantes do estudantado as persoas elixidas a través dos diferentes procesos electorais e que forman parte dos órganos colexiados de goberno universitario:
Órganos con representación estudantil
- Claustro Universitario
- Consello Social
- Consello de Goberno
- Consello do Campus de Pontevedra
- Consello do Campus de Ourense
- Xuntas de centro
- Xuntas de titulación
Son os órganos encargados de elaborar, aprobar e modificar as propostas dos plan de estudos. A súa composición é análoga en proporción ás xuntas de centro. - Consellos de departamento
- Valedoría Universitaria
- Comisións universitarias
Consello de Estudantes Universitario do Estado (CEUNE)
No artigo 47, o Estatuto establece a natureza e adscrición do Consello de Estudantes Universitario do Estado.
- O Consello de Estudantes Universitario do Estado é o órgano de deliberación, consulta e participación das e dos estudantes universitarios perante o Ministerio de Educación. O Consello de Estudantes Universitario do Estado adscribese ao Ministerio de Educación a través da Secretaría Xeral de Universidades.
No artigo 48 establecese a súa composición, que terá, entre outros, e tocante ás e aos estudantes, os seguintes representantes:
- Un ou unha estudante representante de cada unha das universidades españolas, públicas e privadas. Nas universidades nas que exista Consello de Estudantes, ou órgano equivalente de representación estudiantil, a representación recaerá no presidente ou presidenta, ou figura equivalente. Nas universidades nas que non exista Consello de Estudiantes, a ou o representante será nomeada polo Consello de Goberno a proposta dos e das estudantes electos.
- Unha persoa representante e un alumnado universitario, de cada una das confederacións e federacións de asociacións de estudantes con presencia no Consello Escolar do Estado.
- Un ou unha representante, estudante universitario, de cada un dos Consellos Autonómicos de Estudantes que estean constituídos ou que se constitúan no futuro.
- Tres representantes, estudantes universitarios, pertencentes a confederacións, federacións e asociacións de estudantes que persigan intereses xerais e non estean representadas pola vía do punto anterior, a razón dun ou dunha representante por entidade.
O Reglamento do Consello de Estudantes Universitario do Estado concretará o sistema de designación destes representantes.
- Dos representantes estudiantís, elixido polo Pleno, unha persoa será vicepresidenta segundo o Consello de Estudantes Universitario do Estado.
- Atenderase ao principio de presencia equilibrada de mulleres e homes na composición do Consello nos termos previstos no artigo 54 da Ley orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para la igualdad efectiva de mujeres y hombres.
Entre as funcións deste Consello de Estudantes Universitario do Estado, están:
- Informa os criterios das propostas políticas do Goberno en materia de estudantes universitarios e naquelas materias para as que sexa requirido informe do Consello.
- É o interlocutor peranter o Ministerio de Educación nos asuntos que atinxan aos e as estudantes.
- Contribúe activamente na defensa dos dereitos dos e das estudantes, cooperando coas súas asociacións e órganos de representación.
- Vela pola axeitada actuación dos órganos de goberno das universidades no que se refire aos dereitos e aos deberes do alumnado establecidos nos Estatutos de cada unha delas.
- Recibe e é cauce, no seu caso, das queixas que lle presenten os e as estudantes universitarios.
- Colabora cos e coas Defensores e Defensoras Universitarias na garantía dos dereitos do alumnado das universidades españolas.
- Establece relacións con outras institucións e entidades para a promoción e desenvolvemento dos seus fins institucionáis.
- Eleva propostas ao Goberno en materias relacionadas coa súa competencia.
- Coñece os informes relativos ao mapa de titulacións.
- Esta representado e participa na fixación de criterios para a concesión de bolsas e outras axudas destinadas a estudantes no ámbito da competencia do Estado.
- Fomenta o asociacionismo estudiantil e a participación de estudantes na vida universitaria.
- Vela e fomenta a igualdade entre mulleres e homes no ámbito universitario.
- Vela polo cumprimento do Estatuto.
Representante do estudantado da Universidade de Vigo no CEUNE:
Paula Gil Hidalgo, estudante de Enxeñaría Biomédica | ceuvi@uvigo.gal
Contacto do Consello de Estudantes Universitario do Estado:
ceune.org@ceune.es | Twitter: @ceune2 | Instagram: @ceune.permanente
Normativa en exposición e debate público
O estudantado da Universidade de Vigo poderá participar na elaboración da normativa, achegando as súas propostas e as súas alegacións durante os prazos de exposición pública.
Aprobación de verificación e de modificación de titulacións de grao, mestrado e doutoramento
O alumnado tamén poderá participar nas propostas de verificación e de modificación de titulacións de grao, mestrao e doutoramento achegando as súas propostas e as súas alegacións.
Canles de participación
O estudantado poderá participar a través dos seus representantes nos órganos de gobernos, delegacións de estudantes ou ben directamente a través das seguintes canles:
Para máis información, podes consultar o perfil do estudantado.
Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extesnión Universitaria
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 586
estudantes@uvigo.gal