Man sostendo un vaso de precipitado

Difusión da investigación

Temos como obxectivo estratéxico prioritario chegar a todos os públicos e concienciar sobre a repercusión e rendibilidade do labor investigador en todos os ámbitos. 

A nosa actividade investigadora e os nosos resultados de investigación son difundidos por medio de diferentes canles. Podes acceder a elas no menú desta páxina ou a continuación:

 

Produción científica

Se queres acceder á nosa produción científica, podes consultar Investigo, o Repositorio Institucional da Universidade de Vigo. Investigo recolle, difunde e preserva a produción científica do persoal investigador. Alí podes atopar artigos, libros, capítulos ou partes de libros, contribucións a congresos e teses de douturamento lidas na universidade. Se queres saber como utilizar Investigo, podes visitar esta páxina.

Acceder a Investigo

 

Servizo de Publicacións

Ten como funcións principais a edición, difusión e intercambio do labor investigador realizado na Universidade e doutras obras de interese cultural e científico, e pode, adicionalmente, realizar traballos de imprenta.

Ir ao Servizo de Publicacións

 

Gabinete de prensa

Presta servizo tanto á comunidade universitaria como aos medios de comunicación. Informa sobre todos os campos da actividade académica e investigadora nos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra. O gabinete de prensa promove, mediante a difusión de noticias, o coñecemento da Universidade de Vigo na sociedade na que se insire.

Ir ao Gabinete de Prensa

 

Congresos, xornadas e obradoiros 

Consulta todos os eventos relacionados coa actividade investigadora: congresos, xornadas, obradoiros e outras noticias.

Congresos e xornadas

 

Difusión social de resultados de investigación

A Unidade de Cultura Científica e da Innovación produce diferentes materiais e organiza eventos para contarlle á sociedade que facemos na Universidade de Vigo así como os resultados de investigación dos diferentes grupos.

UCC+i