Outros trámites
Trámites para estudantes de grao
Recoñecemento de créditos ECTS
Consulta o regulamento de recoñecemento e transferencia de créditos académicos nas titulacións oficiais de grao e de mestrado e ten en conta que en ningún caso poderán recoñecerse os créditos correspondentes ao traballo de fin de grao.
O prazo de presentación, de xeito xeral, será durante os meses de xullo e agosto, pode variar xa que se te matriculas en setembro e outubro tes que facer a solicitude no mesmo día no que formalices a túa matrícula e se tes pendentes cualificacións e estás admitido por calquera vía, poderás realizar a solicitude nos 15 días seguintes ao de ter completado o expediente. Ademais se o que queres é recoñecer créditos optativos por actividades universitarias, culturais ou prácticas, poderás facelo ao longo de todo o curso académico.
A solicitude deberás realizala a través da sede electrónica e deberás descargar, cubrir e gardar o formulario que deberás anexar á solicitude xunto coa documentación requirida (só PDFs). No caso de querer recoñecer créditos optativos por actividades deberás utilizar a instancia xenérica e achegar o formulario R01.
Sempre que a titulación de destino pertenza ao mesmo ámbito de coñecemento que a de orixe, serán obxecto de recoñecemento ata a totalidade dos créditos de formación básica.
O resto poderán ser recoñecidos pola universidade tendo en conta a coherencia académica e formativa dos coñecementos, as competencias e as habilidades que definen as materias ou asignaturas a recoñecer coas existentes no plan de estudos do título ao que se quere acceder.
Instrucións, solicitude e programa detallado para actividades recollidas no regulamento
Instrucións e solicitude para actividades non recollidas no regulamento (peticións individuais do alumnado)
Modelo de convenio para institución de educación superior
Actividades validadas por créditos
Idiomas
O alumnado da Universidade de Vigo poderá solicitar o recoñecemento académico de ata un máximo de 6 créditos optativos por formación de idiomas, sempre que a citada formación se realice ao longo da súa permanencia na universidade e estea impartida por:
- Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo.
- Centro de Linguas da Universidade de Vigo.
- Centro de linguas universitario acreditado pola Confederación Europea de Centros de Linguas de Ensino Superior (CERCLES).
- Escola oficial de idiomas ou centro oficial equivalente noutro país. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación en que pretenda recoñecer, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade con indicación das horas do curso.
Deportivas
O alumnado da Universidade de Vigo poderá solicitar o recoñecemento académico de créditos optativos por actividades universitarias culturais, deportivas, de representación estudantil, solidarias e de cooperación por un máximo de 6 créditos do total do plan de estudos cursado.
Recoñeceranse as actividades físico-deportivas universitarias aprobadas pola vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais, por proposta da área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo, que contribúan a algún dos seguintes obxectivos:
- Adquirir ou consolidar hábitos de vida mais activos e saudables.
- Desenvolver competencias transversais relevantes na formación integral do alumnado.
- Proxectar os valores da universidade no resto da sociedade a través da colaboración en eventos físico-deportivos ou da participación en competicións deportivas. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación en que pretenda recoñecer, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade con indicación das horas do curso.
Outros cursos e actividades
Cursos e obradoiros de Extensión Universitaria
Aquí atoparás os obradoiros e cursos que organiza Extensión Universitaria.
Proxectos de Voluntariado
Podes escoller un proxecto de voluntariado entre os que temos como propios ou con diversas entidades colaboradoras da contorna.
Co fin de facilitar a túa reincorporación ao sistema educativo, prevense posibilidades de recoñecer a formación adquirida previamente mediante as validacións e as equivalencias segundo o catálogo para técnicos superiores de FP
Nos seguintes enlaces poderás consultar as táboas de recoñecementos entre materias daqueles graos comúns as tres universidades do Sistema Universitario Galego (SUG) co fin de permitir unha maior eficacia no traslado do alumnado.
Grao en Administración e Dirección de Empresas Campus de Ourense | Campus de Vigo
Grao en Bioloxía
Grao en Comunicación Audiovisual
Grao en Dereito Campus Ourense | Campus Vigo
Grao en Enfermaría Campus de Ourense | Campus de Pontevedra | Campus Vigo: Meixoeiro | Povisa
Grao en Enxeñaría Agraria
Grao en Enxeñaría Forestal
Poderás recoñecer a experiencia laboral e profesional sempre que estea relacionada coas competencias inherentes a dito título. O número de créditos recoñecidos non poderá ser superior a 36 ECTS salvo que, excepcionalmente, se sumen os créditos procedentes de títulos propios que na súa extinción fosen substituídos por un título oficial de grao.
Simultaneidade
Para que te poidas matricular en mais dunha titulación universitaria oficial, é necesario que teñas concedida a simultaneidade previamente á formalización da segunda matrícula, tendo en conta que non se che concederá para cursar por primeira vez dúas titulacións ou a mesma titulación noutra universidade.
Consulta na normativa de simultaneidade de estudos todos os requisitos que debes cumprir.
Os trámites os iniciarás na sede electrónica para o que é necesario que posúas algún medio válido de identificación electrónica.
Certificación académica
Unha certificación académica é o documento que expide a Uvigo no que se acredita o estado do teu expediente no momento no que o solicitas, e que contén, ademais dos teus datos persoais, o resumo de créditos da titulación e créditos superados, materias cursadas coas calcificacións obtidas, anos académicos cursados, recoñecementos, se procede, e nota media da titulación.
Para máis información podes consultar o regulamento das certificacións académicas da UVigo
No momento no que solicitas unha certificación académica persoal deberás aboar os prezos públicos segundo o establecido no decreto polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos, vixente en cada curso académico. O importe o aboarás unha soa vez se necesitas que no mesmo momento a certificación se expedida en varios idiomas.
Non precisarás pagar pola certificación se a necesitas para solicitar unha bolsa de calquera organismo público ou privado, sempre e cando se faga constar "que se expide aos únicos efectos de presentación de solicitude de bolsa" nin para achegar a calquera procedemento da UVigo, cando conste "que se expide aos únicos efectos de presentación de..."
A solicitude a realizarás en calquera momento dirixida ás unidades administrativas dos centros.
Traslados de expediente
O procedemento para trasladar o teu expediente é diferente se cambias a outro grao na UVigo a se o fas a outra universidade. No primeiro caso é un procedemento automático que se realiza no momento de formalizar a matrícula na nova titulación a través da secretaría virtual. No segundo, o trámite tes que inicialo na sede electrónica para o que é necesario que posúas algún medio válido de identificación electrónica. Neste caso deberás achegar a resolución de admisión na outra universidade para que a unidade administrativa do teu centro poida xerar o impreso asociado a este trámite.
Avaliación por compensación
A avaliación por compensación é o mecanismo para valorar se, en conxunto, acadaste suficientes coñecementos e competencias na traxectoria académica que permitan compensar materias non superadas co fin de que podas obter o título universitario sen realizar mais probas de avaliación. Non serán obxecto de compensación nin o TFG, as prácticas, o prácticum nin materias do curso ponte.
No momento no que fagas a solicitude terás que ter matrícula formalizada na materia ou materias a compensar e, para que se che poida conceder a avaliación por compensación, ademais de que non poderá constar no teu expediente algunha sanción grave, deberás cumprir os requisitos relacionados a continuación:
- Que cando menos, o 50% dos créditos da titulación os cursaras na UVigo.
- Que che resten para graduarte un máximo de dúas materias que non superen entre ambas os 12 créditos, (non se contará o TFG). Non se che poderán compensar mais de 12 créditos na túa vida académica.
- Que esgotaras, na materia ou materias solicitadas, cando menos 4 oportunidades de avaliación nos tres últimos cursos e te tiveras presentado e suspendido nalgunha das oportunidades dispoñibles no curso académico no que o solicitas (agás que non teñas posibilidade de presentarte por estar matriculada ou matriculado nun plan de estudos en proceso de extinción)
- Que a cualificación obtida non fora inferior a 2 ou non avaliado (NP) en ningunha das catro oportunidades.
A solicitude deberás facela a través de sede electrónica para o que é necesario que posúas algún medio válido de identificación electrónica. Poderás realizala en cada período de avaliación dende a data de apertura de actas ata 15 días hábiles despois do peche de entrega das mesmas.
Concederaseche o apto por compensación automático da materia ou materias solicitadas tras a constatación do cumprimento de todos os requisitos, das limitacións, e sempre que che encontres en polo menos nun dos seguintes supostos:
-
Que obtiveses polo menos unha vez unha cualificación igual ou superior a 4 ou unha media superior a 3,5 entre as dúas mellores cualificacións na materia ou materias a compensar.
-
Que a media do teu expediente sexa igual ou superior á nota media da súa titulación na última promoción con dereito a docencia.
No caso de que non te encontres en ningún destes supostos pero reúnas todos e cada un dos requisitos necesarios, a solicitude será admitida a trámite para que sexa a comisión de compensación quen valore a traxectoria académica global e, en particular, na materia ou materias obxecto de compensación e nas materias afíns (se as houbese), e analice a información complementaria que considere oportuna.
A comisión poderá solicitarlle ao docente responsable da materia un informe no cal consten as consideracións relativas a todas as actividades desenvolvidas (traballos, exames, prácticas etc.).
Títulos e suplemento europeo
Superados os teus estudos poderás solicitar expedición do título na secretaría virtual ou na unidade administrativa do teu centro. Deberás aboar o importe correspondente segundo o establecido no decreto polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos, vixente en cada curso académico.
Unha vez comprobado que o pagamento foi efectuado e revisados os teus datos persoais a universidade iniciará o procedemento de expedición do título universitario xunto co Suplemento Europeo ao Título (SET). Este proceso ten unha duración aproximada dun mes e medio.
Recibido o título definitivo e efectuados os trámites oportunos, a unidade administrativa do teu centro comunicarache que poderás retiralo persoalmente na unidade administrativa do centro, debendo acreditar a túa identidade (presentación do DNI, NIE ou pasaporte), autorizar a outra persoa, sempre mediante poder notarial ou solicitar por escrito a remisión do título á delegación ou subdelegación do goberno (oficina de alta inspección de educación), embaixada ou oficiña consular máis próxima ao teu lugar de residencia.
Se por algunha circunstacia como supostos de extravío, destrución ou deterioro ou alteracións derivadas de cambio de datos persoais ou de calquera outra causa poderás solicitar a expedición de duplicados, previa anulación do título orixinal. Este trámite está suxeito ao pago do importe por duplicado.
O procedemento iniciarase de oficio, cando a causa sexa imputable a administración.
Outras cuestións de interese
Cómo accedo a secretaría virtual, recupero os meus datos, consigo unha conta de correo... na UVigo?
Mobilidade nacional e internacional
Atención á diversidade
Dereitos e liberdades de todos os membros da comunidade universitaria
- Outras ligazóns de interese:
Máis información:
Servizo de Xestión de Estudos de Grao
+34 986 813 607 | 986 813 609
soporte.grao@uvigo.gal