Imaxe dunhas frechas pintadas no chan

Centros de secundaria

Traballas nun centro educativo e queres orientar o teu alumnado para que dea o paso cara ao ensino superior con toda a información?

A Universidade de Vigo ofrécelles aos institutos de educación secundaria, bacharelato, colexios e ciclos formativos de grao superior un programa de actividades de orientación académica, científico-divulgativas, tecnolóxicas, deportivas e culturais.  Están dirixidas ao estudantado e ás súas familias, así como ao profesorado e aos servizos de orientación dos centros educativos. O obxectivo principal é achegar a realidade universitaria e compartir información, experiencias e formación co alumnado destas etapas formativas. 

 

Máis información:

Sección de Información a Estudantes
Edificio Redeiras
Praza do Berbés 11
36202 Vigo
+34 986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.gal