
Empregabilidade
Traballamos co obxectivo de facilitar que as persoas tituladas afronten o seu futuro profesional con maiores garantías de éxito
A Área de Emprego e Emprendemento é unha unidade de xestión, dependente da Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, que ten como obxectivo fundamental impulsar, en colaboración con empresas, administracións e outras institucións, a empregabilidade do alumnado e persoas tituladas da Universidade de Vigo para facilitar a súa inserción profesional.
Como no éxito do proceso de inserción inflúe tanto a adecuación das candidaturas aos perfís profesionais demandados como a habilidade cara a busca de emprego, esta unidade tamén organiza accións formativas gratuítas para promover a aprendizaxe de ferramentas de busca de emprego. Moitas destas accións permiten acadar un recoñecemento en créditos ECTS.
Programación e inscrición nas actividades dos Outonos Empregables