Bolsas no Consello da Cultura Galega

UVigo - Emprego 10/07/2023

O Consello da Cultura Galega convoca catro  bolsas de colaboración nos seus proxectos de investigación.

Características:

  • A contía das bolsas será de 1200 euros mensuais.
  • A duración das bolsas será de 9 meses.

Requisitos xerais:

  • Nacionalidade española ou dun Estado membro da UE.
  • Acreditar coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
  • Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6 puntos.
  • Título universitario obtido no curso académico 2012/2013 ou posteriormente.

Requisitos específicos de cada bolsa:

Unha bolsa no proxecto de investigación da Unidade de Divulgación de Contidos e Difusión

A finalidade da bolsa é colaborar no proxecto de investigación da Unidade de Divulgación de Contidos e Difusión do Consello da Cultura Galega.

Requisitos:

  • Posuír o grao en Ciencias da Comunicación, Comunicación Audiovisual ou titulacións equivalentes.

Valoración de méritos:

  • Posuír experiencia en edición de textos, edición dixital e audiovisual.
  • Posuír coñecementos de edición de páxina web.
  • Posuír coñecementos en deseño e xestión de bases de datos.
  • Posuír coñecementos de informática.

Unha  bolsa no proxecto de investigación Unidade de Publicacións

A finalidade da bolsa é colaborar no proxecto de investigación da Unidade de Publicacións do Consello da Cultura Galega.

Requisitos:

Posuír o Grao en Filoloxía Galega, Galego-Portuguesa, Lingua e Literatura Galegas ou titulacións equivalentes.

Valoración de méritos:

  • Experiencia en edición de textos e edición dixital.
  • Experiencia en tradución e corrección.
  • Coñecementos de informática.

Dúas bolsas no proxecto de investigación da Área de Documentación

A finalidade destas bolsas é colaborar no proxecto de investigación da Área de Documentación do Consello da Cultura Galega.

Requisitos:

Posuír o grao en Documentación ou titulacións equivalentes.

Valoración de méritos:

  • Experiencia en catalogación en formatos Marc.
  • Coñecementos de programas de catalogación bibliográfica e de descrición arquivística.
  • Coñecementos de informática.
  • Experiencia en xestión documental.

Presentación de solicitudes

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PR970B

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de xullo de 2023.

Máis información aquí.