Bolsas en Cooperativas para persoas con estudos empresariais

Solicitudes ata o 20 de febreiro

UVigo - Emprego 16/02/2023

A Unión de Cooperativas EspazoCoop abre a convocatoria da XI edición do Programa de Apoio á Función Xerencial en Cooperativas 2023 – Creando Mellora con catro bolsas en cooperativas para persoas con estudos empresariais. As persoas bolseiras contarán co apoio da mentoría e titorización de EspazoCoop. Á súa vez, as bolsas vincúlanse a un programa formativo teórico-práctico paralelo á estadía.

As bolsas van dirixidas a persoas con estudos empresariais finalizados, menores de 30 anos en situación de desemprego e preferentemente mulleres.


Características 

  • A duración prevista da estadía é do 13 de marzo ao 11 de setembro de 2023 a razón de 25 horas semanas. As persoas preseleccionadas realizarán un curso de formación cooperativa, previsto do 27 de febreiro ao 6 de marzo.
  • A contía da bolsa é de 700 € brutos mensuais.

Localidades das estadías 

  • Vigo (2 prazas – 2 bolsas)
  • Carballiño (1 praza – 1 bolsa)
  • A Coruña e Cesures (1 praza – 1 bolsa)

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes ata o 20 de febreiro de 2023.
Máis información aquí.