Bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional 

UVigo - Emprego 12/06/2023

A Xunta de Galicia convoca seis bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento.

Características das bolsas

  • Os destinos das bolsas serán en Santiago de Compostela, na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea ou, fóra desta, nas unidades de cooperación no exterior (UCE) da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.
  • A contía de cada bolsa será de 1.100 € brutos mensuais, no caso de que o destino sexa na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, e de 1.350 € brutos mensuais, para o resto dos destinos. As persoas bolseiras destinadas fóra da sede da Dirección Xeral recibirán, una contía máxima de 2.200 euros en concepto de aboamento dos gastos de viaxe.
  • As bolsas formativas desenvolveranse ao longo dos anos 2023 e 2024 cunha duración máxima de doce 12 meses, con data de inicio prevista non anterior ao mes de outubro de 2023.

Requisitos

  • Ter veciñanza administrativa en Galicia.
  • Estar en posesión dun título de grao, licenciatura, diplomatura, arquitectura, enxeñaría ou equivalente.
  • Ter rematado os estudos no ano 2014 ou posteriormente.

Presentación de solicitudes

  • O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 6 de xullo de 2023.
  • As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PR809A.
  • Máis información aquí.