Bolsas de formación práctica no Parlamento de Galicia

Solicitudes ata o 13 de marzo

UVigo - Emprego 13/02/2023

O Parlamento de Galicia convoca bolsas para contribuír á formación práctica de persoas graduadas universitarias no ámbito de actividade da institución.


Características

  • As bolsas terán unha duración máxima de doce meses dende o seu inicio.
  • A contía de cada bolsa será de 1000 € brutos mensuais.


Oferta

  • 2 bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación. Requírese titulación universitaria nalgún dos seguintes graos: Documentación,  Información e Documentación,  Xestión Dixital de Información e Documentación,   Xestión da Información e Contidos Dixitais, Xestión de Información e Documentación Dixital ou equivalentes.
  • 2 bolsas de formación en comunicación institucional. Requírese titulación universitaria nalgún dos seguintes graos:  Xornalismo, Publicidade e Relacións Públicas,  Comunicación Audiovisual ou equivalentes.
  • 2 bolsas de formación en publicacións. Requírese titulación universitaria nalgún dos seguintes graos: Tradución e Interpretación, na que a lingua de orixe principal da súa combinación lingüística (1ª lingua ou lingua A1) sexa a lingua galega,  Lingua e Literatura Galegas,  Estudos de Galego e Español con itinerario en lingua galega e española ou equivalentes.
  • 1 bolsa de formación en recursos humanos e contratación. Requírese titulación universitaria nalgún dos seguintes graos: Dereito, Ciencias Políticas e da Administración, Dirección e Xestión Pública ou equivalentes.
  • 1 bolsa de formación en xestión parlamentaria. Requírese titulación universitaria nalgún dos seguintes graos: Ciencias Políticas e da Administración, Dirección e Xestión Pública ou equivalentes.
  • 1 bolsa destinada a persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 % para contribuír á formación nas áreas de asistencia xeral e administrativas, con titulación universitaria ou formación profesional. Titulación requirida: acreditar titulación universitaria ou de formación profesional.


Outros requisitos

  • As titulacións terán que estar obtidas no ano académico 2016-2017 ou en anos posteriores, o cal deberá acreditarse ao termo do prazo de presentación das solicitudes. 
  • Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4. 
  • Non resultar beneficiaria dunha bolsa en convocatorias anteriores no Parlamento de Galicia, ou non ter realizado máis dun terzo do período íntegro da bolsa por substitución dunha renuncia.

Información e solicitudes
Prazo de presentación de solicitudes ata o 13 de marzo de 2023.
Máis información no DOG do 13 de febreiro de 2023 e aquí.