Bolsas formativas no Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial Esteban Terradas”

UVigo - Emprego 05/04/2024

O Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial Esteban Terradas (INTA) ten aberta unha convocatoria de 19 bolsas formativas destinadas a persoas con titulación de formación profesional de grao superior, grao universitario ou equivalente.

A finalidade das bolsas é contribuír á formación teórico-práctica e ao perfeccionamento tecnolóxico, de persoas recentemente tituladas en materias e proxectos propios do INTA e facilitar a súa incorporación ao mundo laboral. 

A titulación debe ter sido obtida nos catro anos anteriores á convocatoria e van dirixidas aos seguintes titulacións: Electrónica, Automática Industrial, Informática, Aeronáutica Aeroespacial, Mecánica, Enerxía, Telecomunicación, Matemáticas, Física, Química, Ciencias Ambientais ou Ciberseguridade. Unha das bolsas tamén vai dirixida as titulacións de ADE, Dereito ou Finanzas.

A duración das bolsas será de dous anos e poderían prorrogarse un ano máis.

A contía das bolsas dirixidas a persoas con titulación universitaria é de 1200 € mensuais.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 25 de abril de 2024.

Máis información aquí.