Bolsas formativas dos laboratorios SOIVRE 2024 en ensaios de control sobre produtos obxecto de comercio exterior

UVigo - Emprego 08/04/2024

A rede de laboratorios SOIVRE promove a formación e o perfeccionamento técnico  de titulados e tituladas universitarios en materia de ensaios de control sobre produtos obxecto de comercio exterior, coa finalidade de facilitar a súa incorporación ao mercado laboral.

Requisitos:

  • Estar en condicións de obter o título universitario de grao ou equivalente nunha das seguintes titulacións: Arquitectura, Construción, Edificación, Urbanismo, Enxeñaría civil; Bioloxía, Xenética; Bioquímica, Biotecnoloxía; Ciencias Agrarias, Tecnoloxía dos Alimentos; Ciencias Medioambientais,  Ecoloxía; Ciencias da Terra, Farmacia; Física, Astronomía; Enxeñaría Eléctrica, Enxeñaría Electrónica e Automática, Enxeñaría da Telecomunicación; Enxeñaría Industrial, Enxeñaría Mecánica, Enxeñaría da Organización Industrial, Enxeñaría da Navegación; Enxeñaría Química, Enxeñaría  dos Materiais, Enxeñaría  do Medio Rural, Química ou Veterinaria.
  • Ter concluído os estudos requiridos nos cinco anos anteriores á data de publicación da convocatoria.

Características das bolsas:

  • Duración máxima de dous anos.
  • Contía de 1234,96 euros brutos mensuais.

Máis información aquí.