Colaboración na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra
A Secretaría Xeral para o Deporte convoca bolsas para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra para o curso 2022/2023.
Convócanse seis prazas co obxectivo de ter unha representación paritaria para poder garantir unha correcta atención ao colectivo de deportistas do centro.
Estas bolsas destinaranse a estudantes de ensinanzas universitarias ou de ciclos formativos de grao superior que colaborarán na residencia do CGTD, co fin de dotar de persoal de apoio no eido educativo e asistencial a residencia para a atención das persoas deportistas menores de idade.
Requisitos
- Ter entre 19 e 30 anos no momento de presentar a solicitude.
- Estar empadroado/a en Galicia no momento de presentar a solicitude.
- Estar cursando estudos universitarios nunha facultade, escola universitaria ou nun ciclo formativo.
- Non ser beneficiario/a dunha bolsa como deportista no CGTD no momento da solicitude.
Información e solicitudes
As solicitudes presentaranse a través da sede electrónica da xunta (https://sede.xunta.gal/portada). O código de procedemento é DE400A.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 26 de setembro de 2022
Máis información aquí.