Convocatoria para auxiliares de conversación española no estranxeiro

Solicitudes ata o 28 de decembro

UVigo - Emprego 09/12/2022

O Ministerio de Educación e Formación Profesional ten aberta a convocatoria de 858 prazas do Programa de auxiliares de conversación española no estranxeiro para o curso 2023/2024  en 18 países.

O programa vai dirixido a persoas españolas con titulación universitaria ou que a finalice no curso 2022/2023, que levarán a cabo labores de auxiliares de conversación española en Alemaña, Australia, Austria, Bélxica, Brasil, Canadá, Estados Unidos, Francia, Irlanda, Italia, Malta, Noruega, Nova Zelandia, Portugal, Reino Unido, Suecia, Suíza e Tailandia.

Axudarás a perfeccionar o español do estudantado dunha escola ou dun instituto, baixo a supervisión dun profesor ou profesora de lingua española do país de orixe. 

A dotación de cada axuda será determinada polas autoridades educativas do país de destino. No caso de Canadá e Estados Unidos, o financiamento corre a cargo do Ministerio.

Segundo o destino requírense uns coñecementos mínimos do idioma do país, unha titulación específica e un determinado rango de idade. Podes comprobalo aquí.

Máis información e inscrición aquí.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28 de decembro de 2022.