Convocatoria de dúas bolsas na Área de Estudos e Investigación da Axencia de Turismo de Galicia para 2023 a 2025

Solicitudes ata o 7 de marzo

UVigo - Emprego 08/02/2023

A Axencia Turismo de Galicia convoca dúas bolsas de formación práctica na Área de Estudos e Investigación:

  • Unha bolsa relacionada co ámbito da ciencia de datos.
  • Unha bolsa relacionada co ámbito da comunicación de datos turísticos.

Para a concesión das bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, debese superar unha proba de coñecementos prácticos. As probas versarán sobre as seguintes materias:


Bolsa relacionada co ámbito da ciencia de datos:

  • Tema 1. R e RStudio: Manexo, tratamento, análise e visualización de datos. Xeración de informes.
  • Tema 2. Estatística: inferencia, mostreo e análise multivariante.
  • Tema 3. SQL: análise de datos e xestión de bases de datos.
  • Tema 4. Power BI: programación e elaboración de cadros de mando.
  • Tema 5. Outras técnicas de interese: sistemas de información xeográfica (SIX) e follas de cálculo.

Bolsa relacionada co ámbito da comunicación de datos turísticos:

  • Tema 1. Visualización gráfica de datos e infografías.
  • Tema 2. Marco conceptual da análise turística.
  • Tema 3. Estatística descritiva.
  • Tema 4. Folla de cálculo.
  • Tema 5. Power BI: análise de datos e elaboración de informes.

Requisitos

  • Posuír unha titulación superior obtida a partir do 1 de xaneiro de 2018. Non se terá en conta a data da titulación a persoas desempregadas de longa duración que leven inscritas de xeito ininterrompido como demandantes de emprego durante 12 meses ou máis.
  • Acreditar un nivel Celga 4 en lingua galega, perfeccionamento ou título equivalente.
  • Características das bolsas: 
  • As bolsas desenvolveranse ao longo dos anos 2023, 2024 e 2025 cunha duración máxima de 24 meses contados a partir da data de incorporación das persoas bolseiras.
  • As prácticas tuteladas destas bolsas desenvolveranse na sede da área, nas oficinas da Axencia Turismo de Galicia, en Santiago de Compostela.

Información e solicitudes

As solicitudes presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia co formulario TU981C.
Prazo de presentación de solicitudes ata o 7 de marzo de 2023.
Máis información aquí.