EY Open Science Data Challenge 2023

Solicitudes ata o 31 de marzo

UVigo - Emprego 13/02/2023

O EY Open Science Data Challenge  axuda a resolver algún dos problemas de sostibilidade con máis apremo do mundo, utilizando imaxes de satélite, datos, algoritmos e aprendizaxe automático.

Estes retos van dirixidos a estudantes universitarios/as que cumpran os seguintes requisitos:

  • Ganas de utilizar o seu coñecemento en datos. 
  • Motivación por crear un mundo mellor. 
  • Entusiasmo por participar en proxectos internacionais. O inglés será o idioma de comunicación.  

Premios

A persoa gañadora e finalistas obterán premios en efectivo. 
A persoa gañadora tamén se invitará a unha cerimonia de entrega de premios na cidade de Nova York.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes ata o 31 de marzo de 2023.
Máis información aquí.