IV ImaginPlanet Challenge

UVigo - Emprego 18/04/2024

A cuarta edición do programa de emprendemento sostible de Imagin para xente moza, ImaginPlanet Challenge, é un reto dirixido a estudantes de universidades e de  ciclos formativos de ensino superior que busca fomentar o espírito emprendedor e xerar ideas de negocio relacionadas cos ODS e contra o cambio climático.

A inscrición e a participación no programa son totalmente gratuítas.

Os equipos participantes poderán vivir unha experiencia emprendedora a través dun programa educativo pensado para fomentar actitudes innovadoras e sostibles.

O premio para o equipo gañador é excepcional: a incubación do seu proxecto no centro de innovación Imagine Creativity Center situado en Silicon Valley (California) durante o mes de xullo.

Trátase dun programa exclusivo de 10 días que che permitirá asistir a obradoiros de innovación nas universidades de Stanford e de Berkeley, recibir mentoría de profesionais en innovación e realizar visitas de traballo ás sedes de empresas como Google, Instagram, Netflix ou IDEO, onde recibirás valiosas achegas por parte de persoas expertas.

Máis información aquí.