Monitores/as para impartir certificados de profesionalidade en atención sociosanitaria e en dinamización cultural no Concello de Ribadeo

UVigo - Emprego 01/09/2023

Monitor/a para impartir Certificado de profesionalidade en atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais no Concello de Ribadeo

O Concello de Ribadeo ten aberta unha convocatoria dun proceso selectivo de Monitor/a para impartir Certificado de Profesionalidade en Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. A duración do contrato será de 12 meses.

Posuír algunha das seguintes titulacións:

  • Diplomatura Educación Social, Diplomatura Traballo Social, Diplomatura Enfermería ou Licenciatura en Psicoloxía Psicopedagoxía, Licenciatura en Medicina ou titulación de grao correspondente ou outros títulos equivalentes.
  • Titulo de técnico superior da familia de profesional de servizos socioculturais e á comunidade.
  • Certificado de profesionalidade de nivel 3 da área de Atención Social da familia profesional de servizos socioculturais e á comunidade.

Monitor/ para impartir Certificado de Profesionalidade en Dinamización, programación e desenvolvemento de acción culturais no Concello de Ribadeo

O Concello de Ribadeo ten aberta unha convocatoria dun proceso selectivo de Monitor/a para impartir Certificado de Profesionalidade en en Dinamización, programación e desenvolvemento de acción culturais. A duración do contrato será de 12 meses

Posuír algunha das seguintes titulacións: 

  • Licenciatura, Enxeñería, Arquitectura ou titulación de grao correspondente ou outros títulos equivalentes.
  • Diplomatura, Enxeñería, Técnico/a, Arquitectura Técnica ou titulación de grao correspondente ou outros títulos equivalentes.

Para optar a estes postos requírese  posuír unha experiencia laboral mínima de 12 meses no eido das unidades de competencia da cualificación profesional de referencia. 

Información e solicitudes

As solicitudes poderán facerse directamente a través do rexistro do Concello de Ribadeo, ou a través da sede electrónica da entidade: www.ribadeo.gal. Se a documentación se presentase a través do rexistro doutra administración deberá comunicarse este extremo ao Concello por fax, correo electrónico ou por escrito aos efectos de poder coñecer tal presentación.

As bases están publicadas na Sede Electrónica do Concello de Ribadeo nas bases da  convocatoria monitorado para o programa de emprego tecendo coidados a que podes acceder premendo aquí.

As solicitudes poderán presentarse ata o 4 de setembro de 2023.