Oferta de emprego no CITMAGA para contrato como técnico/a grao medio de investigación no ámbito das ciencias sociais e xurídicas

UVigo - Emprego 18/04/2024

Referencia da oferta:

CITMAga-OT-04/2024.

Descrición do posto:

Un contrato como técnico/a grao medio de investigación (II.2).

Funcións:

Prestar apoio na xestión de actividades de investigación do centro para o desenvolvemento da súa axenda científica no período 2022-2025. Apoio na xestión e promoción de actividades de difusión, divulgación e transferencia dos resultados da investigación (organización de reunións, execución de actividades, e xestións afíns relacionadas).

Perfil das candidaturas:

Diplomatura, arquitectura técnica, enxeñaría técnica ou equivalentes.

Valoración de méritor e requisitos:

  • Grao de afinidade das titulacións da persoa candidata no ámbito de coñecemento de ciencias sociais e xurídicas. 
  • Formación especializada e acreditada en xestión de proxectos, dirección estratéxica, márketing e equipos de proxectos. 
  • Formación específica e acreditada en administración pública e igualdade de xénero.
  • Formación específica e acreditada en competencias dixitais e community manager.
  • Coñecementos de inglés.
  • Formación en uso de ferramentas ofimáticas. 

Características do contrato:

  • Retribución bruta mensual: 1924,16 €. 
  • Tipo de contrato: Contrato indefinido de actividades científico-técnicas.
  • Xornada laboral: a tempo completo (35 horas semanais).
  • Lugar de traballo: Santiago de Compostela

Prazo de presentación de solicitudes:

Ata o 28 de abril de 2024.

Máis información aquí.