Oferta de emprego de CITMAga dentro do programa de investigación “Modelización matemática para a industria”

UVigo - Emprego 19/07/2023

Referencia da oferta

CITMAga-OT-07/2023.

Descrición do posto

Un contrato como investigador/a colaborador na Área de Investigación e Transferencia “Competitividade Industrial” dentro do programa de investigación “Modelización matemática para a industria” e na liña de investigación “Modelado, simulación numérica, optimización e control de problemas da ciencia e da industria”.

Funcións

Realización de tarefas de investigación en modelización matemática, simulación numérica, optimización e control da ciencia e da industria relacionados con procesos de obtención e almacenamento de hidróxeno.

Valoración de méritos e requisitos

  • Expediente académico do grao/licenciatura/enxeñería. Expediente do máster (no seu caso). Valorarase o grao de afinidade das titulacións do candidato cos ámbitos da Matemática Industrial (Matemática Aplicada, Investigación Operativa, Estatística, Informática, Física ou similares).
  • Formación relacionada con técnicas de programación matemática, métodos numéricos para a resolución de EDPs e estatística.
  • Coñecementos de inglés.
  • Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (40 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
  • Formación e experiencia acreditada en modelización, simulación numérica, optimización e control, e na implementación e validación en computador de algoritmos e métodos numéricos propios destas disciplinas. En particular, valorarase especialmente a experiencia en procesos de transferencia de calor, dinámica de fluídos e reaccións químicas. 
  • Formación e experiencia acreditada na modelización de problemas de programación matemática empregando linguaxes de modelado algebraico tales como Pyomo ou AMPL. Formación e experiencia acreditada no uso e implementación de modelos de Machine Learning en linguaxes como Python ou R.  
  • Formación e experiencia acreditada no desenvolvemento de código en Python.  Valorarase o coñecemento doutras linguaxes de cálculo científico (Fortran, Matlab, C, C++, Julia etc.)/ etc.) 

Caracaterísticas da oferta

  • Retribución bruta mensual: 1670,89 € en 14 pagas. 
  • Tipo de contrato: contrato de actividades científico-técnicas indefinido. 
  • Categoría Laboral: investigador/a colaborador/a
  • Xornada laboral: a tempo completo (35 horas semanais).
  • Lugar de traballo: Santiago de Compostela

Solictudes e información

As persoas interesadas nestes contratos deberán enviar a súa solicitude antes do 26 de xullo de 2023.

Máis información aquí.