Oferta de emprego do CITMAga para o desenvolvemento de algoritmos relacionados con Estatística, Optimización e Intelixencia Artificial

Solicitudes ata o 22 de decembro

UVigo - Emprego 19/12/2022

Referencia da oferta

CITMAga-OT-27/2022

Descrición do posto

1 contrato como investigador/a colaborador/a.

Traballo que se realizará

Tarefas de investigación na área de Investigación e Transferencia “Competitividade Industrial” dentro do programa de investigación “Produción e xestión eficientes” e na liña de investigación “Desenvolvemento de algoritmos con compoñente estatística e/ou de optimización para a xestión eficiente e integral da contorna medioambiental”.

Funcións

Desenvolvemento de algoritmos relacionados con Estatística, Optimización e Intelixencia Artificial centrados na xestión eficiente e integral do entorno medio ambiental (loita contra os incendios, biodiversidadade).

Perfís das candidaturas

Licenciados/as, enxeñeiros/as, graduados/as, ou equivalentes. 

Valoración de méritos e requisitos

  • Expediente académico do grao, licenciatura, enxeñaría, mestrado ou doutoramento relacionados coa estatística, matemática industrial ou afíns.
  • Coñecementos de inglés.
  • Formación e experiencia acreditada en modelización estatística, análise e programación de algoritmos matemáticos e investigación operativa.
  • Formación e experiencia acreditada en programación en linguaxes R e Python.
  • Formación e experiencia acreditada en bases de datos, en especial de postGIS; en GIS, en particular QGIS e PyQGIS.


Características do posto 

  • Retribución bruta mensual: 1.630,14 € en 14 pagas. Esta praza levará un complemento de proxecto a unha actividade a realizar dentro da liña de investigación, durante a duración concreta da mesma, e en función da porcentaxe de dedicación da xornada laboral de hasta 300 € mensuais.
  • Tipo de contrato: indefinido. 
  • Categoría laboral: investigador/a colaborador/a.
  • Xornada laboral: a tempo completo (35 horas semanais). 
  • Lugar de traballo: Santiago de Compostela.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes ata o 22 de decembro de 2022.

Máis información aquí.