Oferta de emprego de CITMAga como investigador/a na área de investigación e transferencia “Competitividade industrial”
Referencia da oferta
CITMAga-OT-23/2022
Funcións
Modelización matemática, simulación numérica, optimización e control de problemas da ciencia y da industria.
Titulación requirida
Grao, licenciatura, enxeñaría, mestrado ou doutoramento relacionados coas matemáticas, a física, a enxeñaría, a informática ou afíns.
Valoración de méritos e requisitos
- Grado de afinidade das titulacións da persoa candidata cos ámbitos da matemática aplicada e industrial.
- Coñecementos de inglés.
- Formación e experiencia acreditada en: modelización, simulación numérica, optimización e control; na implementación e validación no ordenador de algoritmos e métodos numéricos propios de estas disciplinas.
- Formación e experiencia acreditada en: programación en linguaxes de cálculo científico (C, Fortran, Python, Matlab etc.).
- Formación e experiencia acreditada no uso de software de simulación numérica e optimización.
Características da oferta
- Retribución bruta mensual: 1606,52 € en 14 pagas.
- Data de inicio prevista: a partir do 8 de outubro de 2022.
- Tipo de contrato: contrato temporal, (contrato de substitución para la cobertura de posto por permiso de nacemento e coidado de menor).
- Categoría laboral: investigador/a colaborador.
- Xornada laboral: a tempo completo (35.0 horas semanais).
- Duración: 16 semanas.
- Lugar de traballo: Santiago de Compostela.
Información e solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 25 de setembro de 2022.
Máis información aquí.