Oferta de emprego de CITMAga como investigador/a asociado/a dentro do programa de investigación “Modelización matemática para a industria"

UVigo - Emprego 27/06/2023

Referencia da oferta

CITMAga-OT-06/2023.

Contrato do programa propio de investigación do CITMAga na  área de Investigación e Transferencia “Competitividade Industrial” dentro do programa de investigación “Modelización matemática para a industria” e na liña de investigación “Modelado, simulación numérica, optimización e control de problemas da ciencia e da industria”.

Funcións

Modelización matemática, simulación numérica, optimización e control de problemas da ciencia e da industria relacionados con procesos de obtención e almacenamento de hidróxeno. 

Titulación requirida

Doutoramento. 

Méritos e valoración de requisitos

  • Expediente académico do grao/licenciatura/enxeñería. Expediente do máster (no seu caso). Título de doutor. Grao de afinidade da tese doutoral coa liña de investigación proposta. Valorarase o grao de afinidade das titulacións do candidato cos ámbitos da Matemática Aplicada e Industrial. 
  • Coñecementos de inglés.
  • Formación e experiencia acreditada en: modelización, simulación numérica, optimización e control, e na implementación e validación en computador de algoritmos e métodos numéricos propios destas disciplinas e, en particular, aqueles relacionados con, a transferencia de calor, a dinámica de fluídos e as reaccións químicas.
  • Experiencia acreditada na participación en proxectos internacionais relacionados co ámbito industrial (8 puntos).
  • Experiencia acreditada na redacción de artigos científicos en revistas do JCR e na participación como relatora en congresos internacionais. 
  • Formación e experiencia acreditada en: programación en linguaxes de cálculo científico (C, Fortran, Python, Matlab, Pyomo etc.)/ etc.) .
  • Formación e experiencia acreditada no uso de software de simulación numérica e optimización. 

Características da oferta

  • Retribución bruta mensual:  2198,27 € en 14 pagas.
  • Tipo de contrato: contrato de actividades científico-técnicas indefinido.
  • Categoría Laboral: investigador/a asociado/a.
  • Xornada laboral: a tempo completo (35 horas semanais). 
  • Lugar de traballo: Santiago de Compostela. 

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 3 de xullo de 2023.

Máis información aquí