Oferta de emprego de CITMAga no programa de investigación “Análise matemática de datos”
Referencia da oferta
CITMAga-OT-22/2022
Descrición do posto
Un contrato como investigador/a colaborador/a.
Funcións
Planificación de e deseño de experimentos, depuración de datos, análise estatística dos mesmos e realización de informes. Aplicación e deseño de métodos de aprendizaxe estatístico para o estudio de datos xenotípicos e fenotípicos e a relación entre ambos.
Perfís das candidaturas
Licenciados/as, enxeñeiros/as, graduados/as ou equivalentes.
Méritos e requisitos para valorar
- Valorarase grao ou licenciatura en matemáticas e mestrado de especialización con contidos en estatística.
- Coñecementos de inglés.
- Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar.
- Experiencia específica en análise de datos e en programación en linguaxes de cálculo científico (Python, R, Latex, C++, etc.).
- Experiencia específica en análise de datos de orixe biolóxica ou química ou ben datos relacionados coa sustentabilidade no sector industrial (especialmente no téxtil).
- Coñecementos de xenética e/ou xenómica.
- Entrevista persoal.
Características da oferta
- Retribución bruta mensual: 1606,52 € en 14 pagas.
- Data inicio prevista: a partir do dia seguinte á data da resolución da selección.
- Tipo de contrato: contrato de actividades científico-técnicas indefinido.
- Categoría Laboral: investigador/a colaborador/a
- Xornada laboral: a tempo completo (35 horas semanais).
- Lugar de traballo: Santiago de Compostela.
Información e solicitudes
Ata o 11 de setembro de 2022.
Máis información aquí.