Oferta de emprego do CITMAga para tarefas de modelización matemática e simulación numérica

Solicitudes ata o 22 de decembro

UVigo - Emprego 19/12/2022

Referencia da oferta

CITMAga-OT-28/2022

Descrición do posto

1 contrato como investigador/a asociado/a na área de Investigación e Transferencia “Competitividade Industrial” dentro do programa de investigación “Modelización matemática para a industria” e na liña de investigación “Modelado, simulación numérica, optimización e control de problemas da ciencia e da industria”.

Traballo que se realizará

Tarefas de investigación en modelización matemática e simulación numérica de problemas no ámbito do electromagnetismo de baixa frecuencia.

Funcións

Implementar técnicas novas para reducir tempos computacionais de simulacións de dispositivos electromagnéticos e máquinas eléctricas industriais; planificación e deseño de test que permitan validar os resultados da investigación e realización de informes técnicos intermedios e finais dos proxectos.

Perfís das candidaturas

Doutoramento. 

Valoración de méritos e requisitos

  • Grao de afinidade da tese doutoral coa temática do proxecto e título de doutor/a. Valoraranse licenciaturas, enxeñerías, grados e mestrados relacionados coas matemáticas, a física, a enxeñería e a informática (ou similares). Grado de afinidade das titulacións do candidato cos ámbitos da Matemática Aplicada e Industrial.
  • Coñecementos de inglés.
  • Coñecementos e experiencia adicional e específica. 
  • Formación e experiencia acreditada en modelización, simulación numérica, optimización e control; na implementación e validación no ordenador de algoritmos e métodos numéricos propios de estas disciplinas.
  • Coñecementos e experiencia acreditada en electromagnetismo.
  • Formación e experiencia acreditada en programación en linguaxes de cálculo científico (C, Fortran, Python, Matlab, etc.).
  • Formación e experiencia acreditada no uso de software de simulación numérica e optimización.


Características do posto 

  • Retribución bruta mensual: 536,17 € en 14 pagas. Esta praza levará un complemento de proxecto a unha actividade realizada durante e dentro da liña de investigación de hasta 260,83 € mensuais.
  • Data de inicio prevista: a partir do 1 de xaneiro de 2023.
  • Tipo de contrato: contrato por circunstancias da produción. 
  • Categoría laboral: investigador/a asociado/a.
  • Xornada laboral: a tempo parcial 25% (8,75 horas semanais).
  • Duración: 9 meses.
  • Lugar de traballo: Santiago de Compostela.


Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes ata o 22 de decembro de 2022.

Máis información aquí.