Prácticas en Reino Unido para estudantado universitario da área de Ciencias da vida

Solicitudes ata o 30 de xaneiro

UVigo - Emprego 09/12/2022

A Fundación Barrié convoca a III edición do Summer Undergraduate Fellowship Program, un programa internacional de estadías de investigación durante os meses de verán, dirixido a estudantado universitario galego da área de Ciencias da Vida como pode ser Bioloxía ou Enxeñaría Biomédica. Débese posuír unha media de cualificación académica superior a 7.


O obxectivo do programa é achegar a investigación biomédica ao estudantado universitario galego para que poida adquirir experiencia profesional nun laboratorio internacional e orientar a súa carreira profesional.


O programa desta edición ten previsto conceder dez bolsas para a realización de prácticas de laboratorio durante 9 semanas, entre o 26 de xuño e o 25 de agosto de 2023, nos seguintes centros:

  • Division of Medicine, Faculty of Medical Sciences at University College London
  • Division of Infection and Immunity, Faculty of Medical Sciences at University College London
  • Department of Microbiology and Immunology, LSU Health Shreveport

O estudantado seleccionado recibirá, alén dunha preparación excelente no campo da investigación biomédica, apoio económico para cubrir os gastos de viaxe, seguro e manutención.


Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30 de xaneiro de 2023
Máis información aquí.