Premios Talento Mozo Galicia

Solicitudes ata o 14 de marzo

UVigo - Emprego 16/02/2023

A Consellería de Política Social e Xuventude convoca os premios Talento Mozo Galicia para o recoñecemento de traxectorias excelentes e proxectos impulsados e postos en marcha por mozos e mozas galegos nas modalidades de ciencia, rural, deporte, empresa e cultura e creación.


Requisitos

  • Ter entre 18 e 35 anos na data en que finalice o prazo de presentación de candidaturas.
  • Estar domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia na data en que finalice o prazo de presentación de candidaturas.
  • Contar cunha traxectoria relevante na modalidade do premio a que concorra. Os méritos que motivan a candidatura deben estar referidos a circunstancias acreditadas con carácter previo á data de publicación da convocatoria.


Premios

  • Un premio de 5000 € en cada unha das modalidades.
  • Ademais da dotación económica, as persoas premiadas recibirán unha distinción honorífica e un diploma acreditativo.
     

Información e solicitudes

As solicitudes deberán presentarse por vía electrónica a través do formulario BS327A dispoñible en https://sede.xunta.gal/portada.
Prazo de presentación de solicitudes ata o 14 de marzo de 2023.
Máis información aquí.