Programa de iniciación na empresa 2023 da Fundación SEPI

Solicitudes ata o 6 de marzo

UVigo - Emprego 23/02/2023

A Fundación SEPI ten aberto o Programa de Iniciación na Empresa 2023 co obxectivo de posibilitar un período de formación práctica a mozos e mozas con titulación universitaria ou de ciclo superior de formación profesional e sen experiencia profesional. 


Entidades colaboradoras

  • Compañía Española de Sistemas Aeronáuticos, S.A. (CESA)
  • FROB (Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria)
  • Hydro Extrusion Spain, S.A.U.
  • Minas de Almadén y Arrayanes, S.A., S.M.E. (MAYASA)
  • Técnicas Reunidas, S.A.
  • Tecnologías Avanzadas Inspiralia, S.L.
  • TRAGSA – Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. 
  • TRAGSATEC – Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P.


Características

  • As bolsas terán unha duración inicial de 6 meses dende a data de incorporación, previsiblemente, o 1 de maio de 2023. Poderán prorrogarse por outros 6 meses.
  • A formación práctica das persoas beneficiarias poderá levarse a cabo en calquera dos centros das entidades colaboradoras con este programa.
  • A contía mensual de cada bolsa será de 885 € para persoas con titulación universitaria e 800 € para persoas con título de Grao Superior de FP.

Requisitos

  • Ter concluído os estudos o 1 de xaneiro de 2021.
  • Nado/a a partir do 1 de maio de 1993.
  • Non ter desempeñado traballo profesional relacionado coa súa titulación.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes ata o 6 de marzo de 2023.
Máis información aquí.