Programa de prácticas da OECD

Solicitudes ata o 28 de febreiro

UVigo - Emprego 08/02/2023

A Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) ofrece un programa de bolsas dirixidas a estudantes con altas cualificacións e motivación polas áreas de traballo da organización.

O obxectivo do programa é brindar ás candidaturas beneficiarias a oportunidade de mellorar as súas habilidades analíticas e técnicas nunha contorna internacional.

As candidaturas seleccionadas investigarán e prestarán apoio ás persoas analistas nas seguintes áreas de traballo: auditoría, comunicacións, medios e relacións públicas, xestión de eventos, finanzas, orzamento e contabilidade, tecnoloxías da información, servizos legais, administración de oficina, recursos humanos e tradución.


Características 

  • A duración das prácticas será entre un e seis meses (prorrogables ata un máximo de 12 meses).
  • A maioría das bolsas desenvolveranse en París, Francia.
  • A contía mensual será de 780 €.

Requisitos

  • Estudante a tempo completo nunha disciplina relacionada coas áreas de traballo da OCDE.
  • Valorarase a experiencia internacional a través de estudos, prácticas ou actividades profesionais.
  • Sólidos coñecementos cuantitativos e informáticos.
  • Excelente dominio nun dos idiomas oficias da OCDE (inglés ou francés). 

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes ata o 28 de febreiro de 2023.
Máis información aquí.