Proxecto ICEX Vives: prácticas formativas en empresas españolas no estranxeiro

UVigo - Emprego 05/07/2023

O proxecto ICEX Vives da apoio a mozos e mozas para mellorar a súa inserción no mercado laboral internacional ofrecendo prácticas formativas en empresas españolas no estranxeiro.

Características do proxecto

  • Ata 2000 prácticas formativas cunha duración entre 6 e 12 meses que se desenvolverán ata decembro de 2024.
  • En calquera disciplina.
  • Nun ou en varios destinos no estranxeiro, de forma sucesiva ou simultánea, sempre na mesma empresa.
  • Dotación económica entre 21.000 e 50.000 €, en función da cidade de destino, para os gastos de viaxe, aloxamento e manutención.
  • Inclúe seguro médico, de accidentes e asistencia en viaxe, a cargo de ICEX.

Requisitos

  • Ter entre 18 e 30 anos.
  • Nacionalidade española ou da UE con residencia en España
  • Titulación universitaria de grao ou de técnico medio ou superior de Formación Profesional.

Se desexas vivir unha experiencia internacional, esta é a túa oportunidade!

Máis información aquí.