Últimos días de inscrición do Programa New Graduates do Grupo Caixabank

UVigo - Emprego 30/06/2023

A cuarta convocatoria do Programa New Graduates é unha oportunidade de formar parte de proxectos estratéxicos, innovadores e disruptivos en diversas áreas (Medios, finanzas, RRHH etc.) en CaixaBank.

O prazo de inscrición está próximo a finalizar e o Grupo Caixabank quere facervos o último recordatorio ao alumnado de grao e de mestrado desta gran oportunidade profesional.

Proxectos

  • Poderás desenvolver o teu coñecemento e habilidades desde o primeiro día en compaña dun grupo de profesionais altamente cualificado.
  • Traballarás en proxectos enfocados en finanzas, intervención e control de xestión, transformación dixital de medios, cumprimento e control, riscos, auditoría, recursos humanos, sostibilidade, comunicación externa, negocio ou payments.

Requisitos

  • Recentemente graduado/a de grao ou de mestrado en ADE, Finanzas, Economía, Recursos Humanos Dereito, Enxeñaría, Matemáticas, Estatística, Físicas ou afíns.
  • Alto dominio de inglés.
  • Valoraranse as habilidades de programación e manexo de datos.

Máis información aquí